Héctor Scarone
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 26 de novembro de 1898 Montevideo, Uruguai | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 4 de abril de 1967 (68 anos) Montevideo, Uruguai | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 173 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 74 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1916 - 1939 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Uruguai | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xullo de 1930 | Mundial de Fútbol Uruguai 1930 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1928 | Xogos Olímpicos de 1928 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1924 | Xogos Olímpicos de 1924 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Carlos Scarone | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Héctor Pedro Scarone, coñecido como El mago, nado o 26 de novembro de 1898 en Montevideo e finado o 4 de abril de 1967 na mesma cidade, foi un futbolista uruguaio. Xogaba na posición de extremo (dianteiro) e foi internacional coa selección uruguaia. Militou durante a maior parte da súa carreira no Nacional, club co que marcou 301 goles en 369 partidos, sendo o segundo máximo goleador da súa historia e o terceiro de toda a Primeira División do Uruguai.
Foi considerado o "mellor xogador do mundo" nos anos 20 e é unha das grandes figuras da historia do fútbol suramericano. Foi un dos membros da selección uruguaia que conquistou a primeira edición da Copa do Mundo en 1930, e gañou tamén catro veces a Copa América e dúas medallas de ouro nos Xogos Olímpicos. Os seus 31 goles coa selección valéronlle para manterse como o máximo goleador do combinado durante máis de oito décadas, ata que foi superado en 2011 por Diego Forlán. Futbolista de gran habilidade, a súa seguridade en converter penaltis fíxose lenda (nunca fallou un).
Era o irmán máis novo de Carlos Scarone, outro histórico futbolista de Nacional e do fútbol uruguaio.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Futbolista
[editar | editar a fonte]A nivel de clubs, Scarone xogou a maior parte da súa carreira en Nacional. Debutou no equipo do Parque Central en 1917 e alí xogou até o seu retiro en 1939, salvo tres anos nos que se desempeñou no fútbol europeo: 1926, cando defendeu as cores do FC Barcelona, 1932, cando xogou para o Società Sportiva Ambrosiana (hoxe Inter de Milán) e 1934, cando actuou no Palermo.
En Nacional, Scarone posúe a marca de maior cantidade de anos xogando para a institución (20 anos), e é o terceiro máximo goleador na historia da liga do Uruguai con 163 goles. Obtivo a Primeira División do Uruguai en oito ocasións: 1916, 1917, 1919, 1920, 1922, 1923, 1924 e 1934, a Copa de Honra (Cousenier) en 1917 e a Copa Río da Prata (Dr. Ricardo Aldao) en 1919 e 1920. Xogou en total (incluíndo amigables) 369 partidos con Nacional, marcou 301 goles e na súa dilatada traxectoria de 24 anos como futbolista, no Uruguai só xogou por Nacional.
Adestrador
[editar | editar a fonte]Como adestrador, Scarone dirixiu, entre outros, a Nacional, ao Millonarios de Colombia e ao Real Madrid de España, sen maior transcendencia.
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Coa selección uruguaia gañou a Copa América en 1917, 1923, 1924 e 1926; a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1924 e 1928 e o Mundial de 1930. Disputou un total de 51 partidos oficiais co combinado charrúa e anotou 31 goles. A súa cifra goleadora mantívose como a máis alta da historia da selección ata 2011, cando foi superada por Diego Forlán. Incluíndo os encontros non oficiais, o Mago Scarone anotou 52 goles en 70 partidos coa camiseta celeste.
Participacións en Copas do Mundo
[editar | editar a fonte]Mundial | Sede | Resultado | PX (G) |
---|---|---|---|
Mundial de 1930 | Uruguai | Campión | 3 (1) |
Participacións en Xogos Olímpicos
[editar | editar a fonte]Xogos | Sede | Resultado | PJ (G) |
---|---|---|---|
Xogos Olímpicos 1924 | París | Campión | 5 (4) |
Xogos Olímpicos 1928 | Ámsterdan | Campión | 3 (3) |
Total | 2/2 | 8 (7) |
Participacións en Copa América
[editar | editar a fonte]Copa | Sede | Resultado | PJ (G) |
---|---|---|---|
Copa América 1917 | Uruguai | Campión | 3 (2) |
Copa América 1919 | Brasil | Subampión | 4 (1) |
Copa América 1923 | Uruguai | Campión | 3 (1) |
Copa América 1924 | Uruguai | Campión | 2 (0) |
Copa América 1926 | Chile | Campión | 4 (6) |
Copa América 1927 | Perú | Subcampión | 2 (3) |
Copa América 1929 | Arxentina | 3° posto | 0 |
Total | 4/7 | 18 (13) |
Clubs e estatísticas
[editar | editar a fonte]Equipo | País | Período | Partidos | Goles | Media |
---|---|---|---|---|---|
Nacional | Uruguai | 1916—1926 | 115 | 108 | 0,94 |
Barcelona | España | 1926 | 18 | 9 | 0,50 |
Nacional | Uruguai | 1927—1931 | 45 | 39 | 0,87 |
Inter Milán | Italia | 1931—1932 | 14 | 7 | 0,50 |
Palermo | Italia | 1932—1934 | 54 | 13 | 0,24 |
Nacional | Uruguai | 1934—1938 | 31 | 16 | 0,52 |
Selección uruguaia | 1917—1930 | 51 | 31 | 0,61 | |
TOTAL | 1916—1938 | 328 | 223 | 0,68 |
Palmarés como futbolista
[editar | editar a fonte]Campionatos nacionais
[editar | editar a fonte]Título | Club | País | Ano |
---|---|---|---|
Primeira División do Uruguai | Nacional | Uruguai | 1916 |
Primeira División do Uruguai | Nacional | Uruguai | 1917 |
Primeira División do Uruguai | Nacional | Uruguai | 1919 |
Primeira División do Uruguai | Nacional | Uruguai | 1920 |
Primeira División do Uruguai | Nacional | Uruguai | 1922 |
Primeira División do Uruguai | Nacional | Uruguai | 1923 |
Primeira División do Uruguai | Nacional | Uruguai | 1924 |
Primeira División do Uruguai | Nacional | Uruguai | 1934 |
Copas internacionais
[editar | editar a fonte]Distincións individuais
[editar | editar a fonte]Distinción | Ano |
---|---|
Mellor xogador da Copa América | 1917 |
Máximo goleador da Copa América | 1926 |
Máximo goleador da Copa América | 1927 |
Goleador histórico da selección uruguaia | |
21º posto na clasificación do mellor xogador suramericano do século XX | 2006 |
40º posto na clasificación do mellor xogador do mundo do século XX | 2006 |
Marcas
[editar | editar a fonte]- É o único xogador uruguaio que logrou anotar cinco goles nun partido oficial. Na Copa América de 1926, o Uruguai venceu a Bolivia 6 a 0, con 5 goles de Scarone.
- É o sétimo máximo goleador na historia da Copa América con 13 goles en total.
- É o segundo máximo goleador na historia do Club Nacional de Football de Montevideo, despois de Atilio García.
- Cuarto máximo goleador da historia da selección de fútbol do Uruguai con 31 goles.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Futbolistas olímpicos do Uruguai
- Xogadores do Club Nacional de Football
- Xogadores do FC Barcelona
- Xogadores do Inter de Milán
- Xogadores do US Palermo
- Nados en Montevideo
- Xogadores da selección de fútbol do Uruguai
- Adestradores de fútbol do Uruguai
- Adestradores do Real Madrid CF
- Adestradores do Club Nacional de Football
- Nados en 1898
- Finados en 1967
- Uruguaios de ascendencia italiana
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1930
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1924
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 1928
- Medallistas olímpicos de ouro polo Uruguai
- Medallistas olímpicos en fútbol
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1924
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1928
- Dianteiros de fútbol
- Futbolistas gañadores do Mundial