[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Klara Dan von Neumann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKlara Dan von Neumann
Biografía
Nacemento(hu) Klára Dán Editar o valor en Wikidata
18 de agosto de 1911 Editar o valor en Wikidata
Budapest, Hungría Editar o valor en Wikidata
Morte10 de novembro de 1963 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
San Diego, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, afogamento Editar o valor en Wikidata
EducaciónPálné Veres High School (en) Traducir (–1929) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiencias da computación Editar o valor en Wikidata
Ocupacióninformática teórica, matemática, patinadora artística sobre xeo, inventora Editar o valor en Wikidata
EmpregadorLaboratorio Nacional de Los Álamos Editar o valor en Wikidata
Deportepatinaxe artística sobre xeo Editar o valor en Wikidata
Participou en
1939Proxecto Manhattan Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeCarl Eckart (1958–1963)
John von Neumann (1938–1957) Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Dán-162

Klára (Klari) Dán Von Neumann, nada en Budapest o 18 de agosto de 1911 e finada en San Diego, o 10 de novembro de 1963, foi unha científica estadounidense pioneira na programación. [1] [2] [3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era filla de Károly - Karl Dán e Camila Stadler. [4][5] O seu pai servira anteriormente no exército austrohúngaro como oficial durante a primeira guerra mundial, e trasladáronse a Viena para escapar de Béla Kun. Non volveron a Hungría ata que o réxime foi derrocado. A súa familia era rica e adoitaba organizar festas nas que Dán podía coñecer a moita xente de diferentes ámbitos.

Aos 14 anos, foi campioa nacional de patinaxe artística, [5] e foi enviada a Inglaterra para estudar nun internado pouco despois.

Morreu en 1963 en circunstancias misteriosas: despois de abandonar unha festa en homenaxe á gañadora do Premio Nobel Maria Goeppert-Mayer, conduciu desde a súa casa ata a praia e morreu afogado. O seu cadáver foi atopado na praia de La Jolla . [6] A policía considerou a súa morte como un suicidio. [5]

Dán foi unha das primeiras programadoras do mundo e axudou a resolver problemas matemáticos mediante código informático. [7]

Escribiu o código usado na máquina MANIAC I desenvolvida por John von Neumann e Julian Bigelow no Laboratorio Nacional de Los Alamos.[8] Tamén participou no deseño de novos controis para a ENIAC e foi unha das súas principais programadoras. [9] [10]

Ensinoulles aos científicos daquela temperá idade a programar. [11] Escribiu o prefacio das influentes Silliman Lectures de John von Neumann, publicadas postumamente e posteriormente editadas e publicadas pola Yale University Press como "The Computer and the Brain".[12] [13]

Aparece como unha figura relevante no libro de historia da computación "Turing's Cathedral: The Origins of the Digital Universe" de George Dyson . [5]

  1. Marta Macho Stadler (6 de xaneiro de 2021). "Klára Dán Von Neumann, desconocida pionera de la programación". Consultado o 13 de setembro de 2021. 
  2. Cristina Sánchez (21 de outubro de 2017). "Klara von Neumann: la programadora pionera que fue olvidada por la historia". El Confidencial. 
  3. Gutenberg, Project. "| Project Gutenberg Self-Publishing - eBooks | Read eBooks online". Consultado o 13 de xuño de 2017. 
  4. Chen, J with Su-I Lu, and Dan Vekhter. "Von Neumann and the Development of Game Theory". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2012. Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Dyson, George, 1953-. Turing's cathedral : the origins of the digital universe (First Vintage books edition ed.). ISBN 978-1-4000-7599-7. OCLC 843124457. Consultado o 2021-01-26. 
  6. Ulam, S. M. (1991). Adventures of a Mathematician (en inglés). University of California Press. ISBN 9780520910553. Consultado o 13 de junio de 2017. 
  7. "John von Neumann: The Father of the Modern Computer". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2017. Consultado o 18 de agosto de 2022. 
  8. "Q&A: Hacker Historian George Dyson Sits Down With Wired’s Kevin Kelly". Wired. 
  9. Coyle, Karen. "Turing's Cathedral, or Women Disappear". Karen Coyle. Consultado o 8 de diciembre de 2013. 
  10. Andrieu, Christophe; de Freitas, Nando; Doucet, Arnaud; Jordan, Michael I. (2003). "An Introduction to MCMC for Machine Learning" (PDF) 50 (1/2): 5–43. doi:10.1023/A:1020281327116. 
  11. A Vast Machine: Computer Models, Climate Data, and the Politics of Global Warming. The MIT Press. 2010. ISBN 978-0262013925. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 13 de junio de 2017. 
  12. von Neumann, Klara. "Preface, Von Neumann Silliman lectures". School of Mathematics and Statistics, University of St Andrews Scotland. Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  13. The computer and the brain (2nd ed.). New Haven, Conn. [u.a.]: Yale Nota Bene. 2000. ISBN 9780300084733. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Dyson, G., La catedral de Turing: Los orígenes del universo digital, Debate 2015. ISBN 9788499922508 .