[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Kinji Fukasaku

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaKinji Fukasaku

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 深作欣二 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xullo de 1930 Editar o valor en Wikidata
Midorioka, Xapón (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte12 de xaneiro de 2003 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Toquio, Xapón Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro
cancro de próstata Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Nihon (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Xapón Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de cinema, actor, produtor de cinema, guionista, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1961 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeSanae Nakahara Editar o valor en Wikidata
FillosKenta Fukasaku Editar o valor en Wikidata
ParentesFukasaku Seijirō, curmán
Yasubumi Fukasaku, tío avó Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0297935 Allocine: 17859 Allmovie: p90730
BNE: XX1517390 Musicbrainz: 9b9d74db-a75c-4292-9115-09c617160afb WikiTree: 深作-1 Find a Grave: 7171037 Editar o valor en Wikidata

Kinji Fukasaku (深作欣二 Fukasaku Kinji?), nado en Mito (prefectura de Ibaraki) o 3 de xullo de 1930 e finado en Toquio[1] o 12 de xaneiro de 2003,[2] foi un actor, guionista e director de cinema xaponés[3] asociado coa nova vaga xaponesa.[4] Foi coñecido por dirixir un dos segmentos xaponeses do filme Tora! Tora! Tora! (1970),[5] filmes sobre a yakuza como Jingi Naki Tatakai (1973)[6] ou sobre samurais como Yagyū Ichizoku no Inbō[7] (1978) e, especialmente, polo filme Battle Royale (2000).[8]

Ao longo da súa traxectoria recibiu 24 premios, incluídos os Kinema Junpō en varias ocasións, e os da Academia de Cinema xaponesa que lle outorgou un premio honorífico pola súa carreira.[9] En 1997 obtivo a Shiju hosho, medalla de honra de cinta púrpura do Xapón, polas súas contribucións cinematográficas.[10][11]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Kinji Fukasaku naceu na prefetura de Ibaraki en 1930, o máis novo de cinco irmáns.[12] En 1945 cando tiña 15 anos, durante a segunda guerra mundial, Fukasaku foi obrigado a traballar na fabricación de munición xunto co resto dos seus compañeiros de clase ata que un día foron tiroteados pola artillaría durante un bombardeo estadounidense. Como non podían escapar da liña de fogo, os mozos ocultáronse baixo os cadáveres dos seus compañeiros mortos para sobrevivir. Nese momento, Fukasaku entendeu que o goberno xaponés estaba a enganar a poboación sobre a realidade da guerra e iso levouno a ter unha visión amarga da realidade que o marcou no futuro.[13]

Trala guerra, pasou moito do seu tempo vendo filmes estranxeiros.[14][15] O resto da súa formación completouna graduándose pola Facultade de Educación da Universidade de Ibaraki e pola Facultade de Artes da Universidade Nihon.

Carreira cinematográfica

[editar | editar a fonte]

Vinculado durante case toda a súa carreira profesional aos estudios Toei, aos que accedeu en xuño de 1954, onde traballou con personaxes como Masahiro Makino e Yasushi Sasaki.[12]. Alí desenvolveu labores como asistente de dirección e debutando como director en 1961 cos filmes de acción Fûraibô tantei: Akai tani non sangeki[16] e Fûraibô tantei: Misaki ou wataru kuroi kaze.[17] Durante eses primeiros anos de traxectoria dirixiu numerosos filmes de acción e de cinema negro que paulatinamente lle proporcionaron certa popularidade.

O primeiro filme de relevancia internacional en que participou foi a codirección, xunto con Toshio Masuda e Richard Fleischer, do filme bélico Tora! Tora! Tora! (1970).[18] O proxecto inicialmente estaba escrito e dirixido por Akira Kurosawa pero, tras tres semanas de rodaxe, a produtora decidiu prescindir de Kurosawa. Fukasaku e Masuda completaron a rodaxe do segmento xaponés do filme que obtivo unha ampla repercusión e positivas valoracións entre a crítica.[19] Co salario que recibiu por este proxecto, comprou os dereitos para adaptar Gunki hatameku moto ni. O filme recibiu boas críticas e foi seleccionado polo Xapón como candidato ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa para a 45ª edición dos Óscar en 1972, aínda que non acadou a candidatura.

Non obstante, un dos de xénero yakuza titulado Jingi Naki Tatakai,[20] co que iniciou unha serie de filmes coñecido como The Yakuza Papers integrada por un total de cinco obras. O filme revolucionou este xénero tan característico do cinema xaponés porque, ata ese momento, os filmes de yakuza procuraran dar unha imaxe nobre e honorable do crime organizado no Xapón. En cambio, Jingi Naki Tatakai trátase dun filme ultraviolento, rodado nun estilo moi próximo ao do documental, ambientado nos tristes, caóticos e cruentos anos da Hiroshima de posguerra.[21]

Trala serie The Yakuza Papers Fukasaku destacou pola realización de varios filmes de estilo futurista, como Virus (1980).[22] Con todo, a súa obra máis famosa foi Battle Royale, un filme ultraviolento ambientado nun Xapón anguriado polo paro e a violencia nos centros de ensino, en que o goberno decide crear un xogo polo que uns adolescentes elixidos ao chou son enviados á forza a unha illa para que loiten entre eles ata a morte.[23] O vencedor do xogo será o mozo que logre quedar como único supervivente. Battle Royale tivo un grande éxito de público, o que levou a Fukasaku a iniciar unha secuela Battle Royale II: Requiem (2003).[24] Converteuse nun fenómeno cultural, creando o xénero battle royal, narración ficticia ou forma de entretemento en que un grupo de persoas son instruídas para matarse entre elas ata que hai un sobrevivente triunfador.[25]

En setembro de 2002, Fukasaku anunciou que tiña ancro de próstata.[11] A finais de decembro de 2002, pouco despois de comezar a rodaxe de Battle Royale II: Requiem", foi hospitalizado ao empeorar o seu estado. Faleceu nun hospital de Toquio o 12 de xaneiro de 2003, aos 72 anos.[11] Tras dirixir só unha escena do filme, o seu fillo Kenta completou a rodaxe.

Influencia

[editar | editar a fonte]

A obra de Fukasaku foi considerada unha influencia para realizadores como Quentin Tarantino, Takeshi Kitano, John Woo, Takashi Miike ou Kiyoshi Kurosawa. Cun estilo técnica e formalmente duro Fukasaku mostra nos seus filmes unha visión nihilista e desencantada con personaxes marcadas pola marxinación social, a pobreza e a violencia.[21]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Xaponés
1961 Fūraibō tantei: akai tani no sangeki 風来坊探偵 赤い谷の惨劇
Fūraibō tantei: Misaki wo wataru kuroi kaze 風来坊探偵 岬を渡る黒い風
Fankii hatto no kaidanji ファンキーハットの快男児
Fankii hatto no kaidanji: Nisenman-en no ude ファンキーハットの快男児 2千万円の腕
Hakuchu no buraikan 白昼の無頼漢
1962 Hokori takaki chosen 誇り高き挑戦
Gyangu tai Jii-men ギャング対Gメン
1963 Gyangu domei ギャング同盟
1964 Jakoman to Tetsu ジャコ万と鉄
Okami to buta to ningen 狼と豚と人間
1966 Odoshi 脅迫
Kamikaze yarō: Mahiru no kettō カミカゼ野郎 真昼の決斗
Hokkai no Abare Ryū 北海の暴れ竜
1967 Kaisanshiki 解散式
1968 Bakuto kaisanshiki 博徒解散式
Kurotokage 黒蜥蝪
Kyokatsu koso waga jinsei 恐喝こそわが人生
Gamma daisan go: Uchu dai sakusen ガンマ3号 宇宙大作戦
1969 Kurobara no yakata 黒薔薇の舘
Nihon boryoku-dan: Kumicho 日本暴力団 組長
1970 Chizome no daimon 血染の代紋
Kimi ga Wakamono nara 君が若者なら
Tora! Tora! Tora! トラ・トラ・トラ!
1971 Bakuto gaijin butai 博徒外人部隊
1972 Gunki hatameku moto ni 軍旗はためく下に
Gendai yakuza: Hitokiri yota 現代やくざ 人斬り与太
Hitokiri yota: Kyoken san kyodai 人斬り与太・狂犬三兄弟
1973 Jinginaki tatakai (Volume 1) 仁義なき戦い
Jinginaki tatakai: Hiroshima shitō hen (Volume 2) 仁義なき戦い 広島死闘篇
Jinginaki tatakai: Dairi senso (Volume 3) 仁義なき戦い 代理戦争
1974 Jinginaki tatakai: Chojo sakusen (Volume 4) 仁義なき戦い 頂上作戦
Jinginaki tatakai: Kanketsu hen (Volume 5) 仁義なき戦い 完結篇
Shin jinginaki tatakai 新仁義なき戦い
1975 Jingi no hakaba 仁義の墓場
Kenkei tai soshiki boryoku 県警対組織暴力
Shikingen godatsu 資金源強奪
Shin Jinginaki tatakai: Kumicho no kubi 新仁義なき戦い 組長の首
1976 Boso panikku: Dai gekitotsu 暴走パニック 大激突
Shin Jinginaki tatakai: Kumicho saigo no hi 新仁義なき戦い 組長最後の日
Yakuza no hakaba: Kuchinashi no hana やくざの墓場 くちなしの花
1977 Hokuriku dairi senso 北陸代理戦争
Dōberman deka ドーベルマン刑事
1978 Yagyū ichizoku no inbō 柳生一族の陰謀
Os invasores do espacio 宇宙からのメッセージ
Akōjō danzetsu 赤穂城断絶
1980 Fukkatsu no hi 復活の日
1981 Seishun no mon 青春の門
Makai Tenshō 魔界転生
1982 Dotonborigawa 道頓堀川
Kamata koshin kyoku 蒲田行進曲
1983 Jinsei gekijo (dirixiu un dos tres episodios) 人生劇場
Satomi hakkenden 里見八犬伝
1984 Shanghai bansu kingu 上海バンスキング
1986 Kataku no hito 火宅の人
1987 Hissatsu shi: Urami harashimasu 必殺IV 恨みはらします
1988 Hana no ran 華の乱
1992 Itsuka giragira suru hi いつかギラギラする日
1994 Chushingura Gaiden: Yotsuya kaidan 忠臣蔵外伝 四谷怪談
1995 Abe ichizoku 阿部一族
1998 Omocha おもちゃ
2000 Batoru Rowaiaru (Battle Royale) バトル・ロワイアル
2003 Batoru Rowaiaru: "Rekuiemu (Battle Royale II: Requiem, dirixiu unha escena) バトル・ロワイヤル II: レクイエム 【鎮魂歌】
  1. Hadouchi, Olivier (1 de decembro de 2009). Kinji Fukasaku : un cinéaste critique dans le chaos du XXe siècle (en francés). Editions L'Harmattan. ISBN 978-2-296-24636-2. Consultado o 23 de xullo de 2020. 
  2. "Kinji Fukasaku: The Man No Genre Could Tame". Consultado o 23 de xullo de 2020. 
  3. Schanie, Andrew (29 de setembro de 2010). Movie Confidential: Sex, Scandal, Murder and Mayhem in the Film Industry (en inglés). Clerisy Press. p. 180. ISBN 978-1-57860-477-7. Consultado o 23 de xullo de 2020. 
  4. "Kinji Fukasaku • Retrospective". Time Out Paris (en inglés). Consultado o 2018-04-30. 
  5. Tora! Tora! Tora! (1970) (en castelán). Consultado o 23 de xullo de 2020. 
  6. "Batallas sin honor ni humanidad (1973)" (en castelán). Consultado o 24 de xullo de 2020. 
  7. "Kang samurai (1978)" (en castelán). Consultado o 24 de xullo de 2020. 
  8. G. Trigales, Javier (16 de novembro de 2010). "Cine y polémica: 'Battle Royale'" (en castelán). Consultado o 23 de xullo de 2020. 
  9. "Kinji Fukasaku - Awards". Consultado o 27 de xullo de 2020. 
  10. "Fukasaku Kinji - Japanese Wiki Corpus". Consultado o 24 de xullo de 2020. 
  11. 11,0 11,1 11,2 "Renowned director Fukasaku, of 'Battle Royale' fame, dies". The Japan Times. Consultado o 24 de agosto de 2014. 
  12. 12,0 12,1 Schilling, Mark (2003). The Yakuza Movie Book: A Guide to Japanese Gangster Films. Stone Bridge Press. pp. 43–45. ISBN 1-880656-76-0. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2007. Consultado o 16 de xaneiro de 2021. 
  13. "Wayback Machine". 8 de setembro de 2001. Archived from the original on 08 de setembro de 2001. Consultado o 23 de xullo de 2020. 
  14. Kinji Fukasaku profile, midnighteye.com; consultado o 20 de outubro de 2014.
  15. "Kinji Fukasaku, 72; Japanese Director of Edgy, Violent Films". Los Angeles Times. Consultado o 22 de agosto de 2014. 
  16. "Fûraibô tantei: Akai tani no sangeki". Consultado o 24 de xullo de 2020. 
  17. "Drifting Detective: Black Wind in Harbor". Consultado o 24 de xullo de 2020. 
  18. "Tora! Tora! Tora!". Consultado o 24 de xullo de 2020. 
  19. Sara Brito (23 de marzo de 2010). "El emperador que llevó el cine japonés a Occidente". Consultado o 24 de xullo de 2020. 
  20. "Batallas sin honor ni humanidad (1973)" (en castelán). Consultado o 23 de xullo de 2020. 
  21. 21,0 21,1 da Silva Eiga, Joaquín (29 de maio de 2006). Kinji Fukasaku, el cine de la crueldad. Japan Cult Cinema. (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de xullo de 2020. Consultado o 16 de xaneiro de 2021. 
  22. "Virus (Exterminio) (1980)". 
  23. Jasper Sharp y Tom Mes (9 de abril de 2001). "Midnight Eye interview: Kinji Fukasaku". Consultado o 23 de xullo de 2020. 
  24. "Battle Royale 2: Réquiem (2003)". 
  25. "The Japanese Thriller That Explains ‘Fortnite’ and American Pop Culture in 2018". The Ringer. 19 de xullo de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]