Keita Tachibana
Nome orixinal | (ja) 橘慶太 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 16 de decembro de 1985 (38 anos) Fukuoka, Xapón |
Actividade | |
Ocupación | cantante, músico, bailarín |
Período de actividade | 2000 - |
Xénero artístico | J-Pop |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Pony Canyon (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Sitio web | keita.tv… |
Keita Tachibana (橘 慶太, Tachibana Keita), nado en Fukuoka o 16 de decembro de 1985, é un músico xaponés. É o vocalista e coreógrafo principal do grupo de J-pop w-inds.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tachibana chamou a atención nacional como o único finalista home na Kyushu-Okinawa Starlight Audition do 2000. Logo desa experiencia, uniuse con dous bailaríns de Sapporo, Ryuichi Ogata e Ryohei Chiba, para formar w-inds.
Tachibana, en paralelo á banda ten unha carreira en solitario. O seu single debut "Michishirube" foi lanzado o 18 de outubro de 2006. A pesar da súa carreira en solitario sempre deixou claro que nunca se separará de w-inds, xa que é moi importante para el. O seu single de debut en solitario, "Michishirube", debutou no posto 3 no Oricon Singles Chart. O seu álbum en solitario chegou á quinta posición na primeira semana de Oricon Albums Chart semanal, é tamén o primeiro ending do anime, Katekyō Hitman Reborn! O seu segundo single en solitario, "Friend", foi lanzado como o primeiro OP do anime, Blue Dragon.
O blog de Keita foi galardoado "Blog do Ano 2006" por Cyber Agent. En 2007 Tachibana, puxo voz o príncipe Arturo (Artie), na versión dobrada en xaponés de Shrek the Third.