Karl Pink
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xuño de 1984 Viena, Austria |
Morte | 15 de agosto de 1965. Viena Austria |
País de nacionalidade | Austríaca. |
Educación | Universidade de Viena |
Q89547790 | Estudos de numismática imperial romana e numismática celta. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Viena Kunsthistorisches Museum |
Membro de | |
Orde relixiosa | Orde do Císter |
Premios | |
- (1950): Medalla da RNS. - (1959): Medalla Eckhel (ÖNG). |
Karl Pink, nado o 18 de xuño en Viena e finado o 15 de agosto de 1965 na mesma cidade, foi un numismático austríaco especializado na moeda imperial romana e na moeda celta.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Karl Pink cursou o seu ensino secundario no distrito vienés de Meidling e, entre 1905 e 1909, fixo na Universidade de Viena os seus estudos superiores de Filoloxía Clásica. En 1914 acadou o seu doutoramento coa tese titulada De Lactanti epitome divinarum institutionum.[1][2][3]
En 1910 ingresou na Orde do Císter na abadía Wilhering (co nome de Severin), estudou teoloxía católica e foi ordenado sacerdote en 1914. Máis tarde foi profesor de latín e de grego no instituto de Wilhering e en 1922 foi nomeado párroco de Penzing. En 1924 acadou tamén o doutoramento en Teoloxía.[1][2]
Logo da súa secularización regresou a Viena, onde inicialmente exerceu como catequista e como profesor de relixión en escolas de ensino primario e secundario. En 1928 traballou como conservador no Gabinete Numismático (Münzkabinett) do Kunsthistorisches Museum de Viena, baixo a dirección de Fritz Dworschak. Neste gabinete reorganizou as coleccións antigas de moedas baseándose en principios modernos, e tamén a súa importante biblioteca, que distribuíu por temas.[1][2]
En 1933, Pink acadou a súa habilitación docente en numismática na Universidade de Viena, co seu traballo Die Münzprägung der Ostkelten und ihrer Nachbarn ("As cuñaxes dos celtas orientais e dos seus veciños").[1] Inicialmente exerceu como profesor privado e despois ingresou no corpo docente da universidade.[2]
E 1938, logo do Anschluss, Karl Pink foi expulsado da universidade e do Münzkabinett por non ser de pura raza aria e por motivos ideolóxicos. Xa o 12 de marzo dese ano, algúns colegas seus con uniforme marrón impedíronlle a entrada no Kunsthistorisches Museum e a partir do segundo semestre impedíuselle tamén o seu exercicio na Universidade de Viena. A partir dese momento dedicouse de cheo durante un tempo á vida relixiosa.[2]
Logo da segunda guerra mundial, desde 1945 ata a súa xubilación en 1946 reingresou no Kunsthistorisches Museum como conservador das moedas antigas. A partir de 1946 retomou a docencia como profesor titular de Numismática na universidade ata 1954.[2]
O seu campo principal de investigación foi a moeda do Imperio Romano, sinaladamente a do século III, e as emisións dos pobos celtas.[2]
Karl Pink faleceu en Viena o 15 de agosto de 1965 e foi soterrado no cemiterio municipal Meidlinger Friedhof, de Meidling, en Viena.[4]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1950: Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.[5]
- 1959: Medalla Eckhel, da Sociedade Numismática Austríaca.[6]
Publicacións
[editar | editar a fonte]A revista Numismatische Zeitschrift publicou en 1965 unha listaxe dos artigos publicados por Karl Pink ao longo da súa carreira.[7][8][9]
Monografías
[editar | editar a fonte]- (1930). Die Silberprägung der Diocletianischen Tetrarchie. Österreichische Numismatische Gesellschaft, Viena.
- (1931). Die Goldprägung des Diocletianus und seiner Mitregenten. Österreichische Numismatische Gesellschaft, Viena.
- (1936). Neue forschungen und wege in der römischen numismatik. Carl Georgi, Bonn.
- (1937). Keltisches Silbergeld in Noricum. Ferdinand Berger, Viena.
- (1938). Römische und byzantinische Gewichte in österreichischen Sammlungen. Rohrer, Baden bei Wien.
- (1939). L'impero di Roma nelle monete del Norico nelle raccolte e negli studi numismatici austriaci. Istituto di studi romani, Roma.
- (1939). Die Münzprägung der Ostkelten unter ihrer Nachbarn. Klinkhardt & Biermann, Braunschweig.
- (1952). The triumviri monetales and the structure of the coinage of the Roman Republic. American Numismatic Society. Nova York.
- (1960). Einführung in die keltische Münzkunde, mit besonderer Berücksichtigung des österreichischen Raumes. F. Deuticke. Viena.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Karl Pink". En Nachlässe in Österreich - Personenlexikon.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Dembski, G. (2003) Arquivado 12 de maio de 2022 en Wayback Machine..
- ↑ "Archivinformationssystem: Pink, Karl Severin". Universität Wien. Universitätsarchiv.
- ↑ Localización da tumba de Karl Pink Arquivado 11 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.. Wien, Meidlinger Friedhof, Abteilung 4, Gruppe 7, Nr. 127.
- ↑ "The Society’s Medal". Royal Numismatic Society.
- ↑ "Die Eckhel Medaille". Sitio web da OENG.
- ↑ "Karl Pink (1884-1965): Schriftenverzeichnis". En Numismatische Zeitschrift. 81. 1965. Páxinas 77-78
- ↑ "Pink, Karl". WorldCat Identities.
- ↑ "Pink, Karl 1884-1965 Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bruck, G. (1965). "Karl Pink (1884-1965)". En Numismatische Zeitschrift. 81. Páxinas 76-78.
- Dembski, G. (2003). "Karl Pink (1884-1965) Arquivado 12 de maio de 2022 en Wayback Machine.". Compte Rendu 50. International Numismatic Comission. Páxinas 13-14.
- Holzmair, E. (1965). "Karl Pink 1884-1965". En Compte rendu, 12. International Numismatic Commission. Páxina 26.
- Winkle, G. (1969). "Univ.-Prof. Dr. phil. Dr. theol. Karl Pink. In memoriam". En Jahresbericht Stiftsgymnasium Wilhering 59. Páxinas 43-44.