[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

KH-7

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «KH-7 21»)
Un KH-7 en exposición.

KH-7 (Keyhole-7) ou Gambit-1, parte do programa 206, foi a primeira serie de satélites de recoñecemento de alta resolución. Eran operados pola NRO, da Forza Aérea dos Estados Unidos.[1][2]

Os KH-7 foron os primeiros satélites de recoñecemento ópticos de alta resolución. O seu desenvolvemento provocou a cancelación dos KH-6, pertencentes ao programa Corona. Os KH-7 estabilizábanse nos tres eixos e nun momento dado separábanse da etapa Agena D á que ían unidos en órbita. Levaban a bordo o vehículo de reentrada para a película fotográfica e a cámara. O espello primario da cámara tiña 112 cm de diámetro e 196 cm de distancia focal, cun control preciso da temperatura, conseguindo resolucións de entre 0,61 e 0,91 m.[1][2]

Lanzáronse 38 KH-7 mediante foguetes Atlas LV-3 e Atlas SLV-3 entre 1963 e 1967, con dous lanzamentos fallados.[1][2]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2] Data de lanzamento[1][2] Foguete lanzador[1][2] Notas[1][2]
KH-7 1 12 de xullo de 1963 Atlas-LV3 Agena-D Éxito
KH-7 2 6 de setembro de 1963 Atlas-LV3 Agena-D Éxito
KH-7 3 25 de outubro de 1963 Atlas-LV3 Agena-D Éxito
KH-7 4 18 de decembro de 1963 Atlas-LV3 Agena-D Éxito
KH-7 5 25 de febreiro de 1964 Atlas-LV3 Agena-D Éxito
KH-7 6 11 de marzo de 1964 Atlas-LV3 Agena-D Éxito
KH-7 7 23 de abril de 1964 Atlas-LV3 Agena-D Éxito
KH-7 8 19 de maio de 1964 Atlas-LV3 Agena-D Éxito
KH-7 9 6 de xullo de 1964 Atlas-LV3 Agena-D Éxito
KH-7 10 14 de agosto de 1964 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito
KH-7 11 23 de setembro de 1964 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito
KH-7 12 7 de outubro de 1964 Atlas-SLV3 Agena-D Fallo
KH-7 13 23 de outubro de 1964 Atlas-LV3 Agena-D Éxito
KH-7 14 4 de decembro de 1964 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito
KH-7 15 23 de xaneiro de 1965 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito
KH-7 16 12 de marzo de 1965 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito
KH-7 17 28 de abril de 1965 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito
KH-7 18 27 de maio de 1965 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito
KH-7 19 25 de xuño de 1965 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito
KH-7 20 12 de xullo de 1965 Atlas-SLV3 Agena-D Fallo
KH-7 21 3 de agosto de 1965 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito
KH-7 22 30 de setembro de 1965 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito
KH-7 23 8 de novembro de 1965 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito
KH-7 24 19 de xaneiro de 1966 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito
KH-7 25 15 de febreiro de 1966 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito
KH-7 26 18 de marzo de 1966 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito
KH-7 27 19 de abril de 1966 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito
KH-7 28 14 de maio de 1966 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito
KH-7 29 3 de xuño de 1966 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito
KH-7 30 12 de xullo de 1966 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito
KH-7 31 16 de agosto de 1966 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito
KH-7 32 16 de setembro de 1966 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito
KH-7 33 12 de outubro de 1966 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito
KH-7 34 2 de novembro de 1966 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito
KH-7 35 5 de decembro de 1966 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito
KH-7 36 2 de febreiro de 1967 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito
KH-7 37 22 de maio de 1967 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito
KH-7 38 4 de xuño de 1967 Atlas-SLV3 Agena-D Éxito
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2020). "KH-7" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "KH-7 Gambit-1" (en inglés). Consultado o 8 de agosto de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]