[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Gábor Király

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGábor Király

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(hu) Gábor Ferenc Király Editar o valor en Wikidata
1 de abril de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Szombathely, Hungría Editar o valor en Wikidata
Altura191 cm Editar o valor en Wikidata
Peso92 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1993 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaHungría Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaFußball-Bundesliga, 2. Bundesliga e Premier League Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Número deportivo1 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1993–1997 Szombathelyi Haladás FC 96(0)
1997–2004 Hertha Berlin 198(0)
2004–2007 Crystal Palace F.C. 104(0)
2006–2006 cesión West Ham United FC 0(0)
2006–2007 cesión Aston Villa F.C. 5(0)
2007–2009 Burnley F.C. 27(0)
2009–2009 cesión Bayer Leverkusen 0(0)
2009–2014 Turn- und Sportverein München von 1860 168(0)
2014–2015 Fulham F.C. 3(0)
2015– Szombathelyi Haladás FC
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  selección de fútbol sub-19 de Hungría
1996–1997   selección de fútbol sub-21 de Hungría 10(0)
1998–   Hungría
Premios

FIFA: 168686 UEFA: 15457 Editar o valor en Wikidata

Gábor Ferenc Király, nado o 1 de abril de 1976 en Szombathely, é un futbolista profesional internacional húngaro que xoga no Szombathely da OTP Bank Liga. A súa posición é a de porteiro.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Király naceu en Szombathely e comezou a súa carreira nun equipo local, o Haladás Szombathely. En 1997 o club xermano Hertha Berlín fíxose cos seus servizos, e alí ficaría ata o ano 2004 coma titular indiscutible. A súa marcha ese ano supuxo unha decepción para moitos afeccionados do Hertha, mais segundo el mesmo declarou, quería probar sorte na liga inglesa e o Crystal Palace fíxolle unha boa oferta.

Así, no verán do 2004 ficha polo equipo inglés por tres anos, ata xullo do 2007. Tras comezar no banco dos suplentes a tempada pronto pasou a ser titular e a pesar das súas boas actuacións o equipo descendeu á 2ª división inglesa, chamada Championship. Houbo rumores todo o verán do 2005 acerca do seu posible traspaso a clubs como o Arsenal e o Newcastle United mais todo quedou en nada. Arestora segue como porteiro titular do Palace, que tenta volver á división de honra do fútbol inglés.

Gábor leva 104 encontros coa Hungría. Participou na Eurocopa 2016 e converteuse na persoa de maior idade en xogar unha Eurocopa.

Xoga cun pantalón de chándal gris, peza de roupa que o fai característico.