[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Fundación Mozilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fundación Mozilla
Logo
Sede da Fundación Mozilla
Tipoorganización sen ánimo de lucro
Data de fundación15 de xullo de 2003
Presidente/aMitchell Baker (pt) Traducir (-) Editar o valor en Wikidata
Director/aMark Surman
Organización subsidiariaMozilla Messaging e Mozilla Corporation
SedeMountain View
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://foundation.mozilla.org/
Facebook: 262134952380 Instagram: mozilla Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Fundación Mozilla é unha fundación sen fins lucrativos dedicada á creación de software libre para Internet a través do proxecto de código aberto Mozilla Application Suite. A sede legal da Fundación está en Mountain View, en California. Mozilla Corporation é a empresa subsidiaria da Fundación que desde 2005 desenvolve os seus programas e os seus beneficios invístense no proxecto Mozilla.

A Fundación Mozilla matén relacións de colaboración con Mozilla Europa, Mozilla Xapón e Mozilla China aínda que son organizacións independentes da propia Fundación.

Os produtos máis coñecidos do proxecto Mozilla son o navegador web Mozilla Firefox e o cliente de correo Mozilla Thunderbird

O 23 de febreiro de 1998, Netscape creou a organización Mozilla para coordinar o desenvolvemento da Mozilla Application Suite. Consistía maioritariamente en empregados da propia Netscape, mais traballando en teoría independentemente de Netscape, que desenvolveron o navegador Mozilla para probas non para uso común, o que levou á creación da suite Beonex Communicator, baseada no código de Mozilla, para o usuarios finais.

Cando America Online (AOL, a propietaria de Netscape) reduciu drasticamente a súa participación na Mozilla Organization, estableceuse a Fundación Mozilla o 15 de xullo de 2003 para asegurar a supervivencia de Mozilla sen Netscape. AOL axudou na creación da Fundación, transferindo hardware e a propiedade intelectual á nova organización e pagando un equipo de tres persoas durante os primeiros tres meses para axudar coa transición e prometeu doar dous millóns de dólares á fundación nos dous anos seguintes.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]