[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Fumar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Distintas maneiras de fumar tabaco.

Fumar[1] é unha práctica onde unha substancia (comunmente tabaco, pero que tamén pode ser opio ou marihuana, entre outras) é queimada e a seguir próbase ou inhala o seu fume, principalmente debido a que a través da combustión se desprenden as substancias activas (como a nicotina), que son absorbidas polo corpo a través dos pulmóns.

O acto de fumar pode formar parte de distintos rituais, inducir a algún transo ou a alcanzar unha "iluminación espiritual", dependendo do tipo de droga.

Métodos para fumar

[editar | editar a fonte]

O método de fumar máis común na actualidade é a través de cigarros, principalmente aqueles manufacturados industrialmente, aínda que tamén están dispoñibles en formato para ser enrolados a man (tabaco de lear). Outras maneiras de fumar, aínda que non son tan comúns é a través de pipas, puros, narguiles ou bongs.

Muller fumando

A acción de fumar pode remontarse até o século II a. C., aproximadamente, e está rexistrada en diferentes culturas ao redor do mundo. Fumar tabaco, nun principio era exclusivo do continente americano. Despois da conquista de América por parte dos europeos, a práctica de fumar tabaco (é considerada droga legal aínda que sexa nociva para a saúde pública) propagouse rapidamente polo resto do mundo. En rexións como a India e a África subsahariana mesturouse coas prácticas existentes (principalmente fumar marihuana). En Europa marcou o inicio dunha nova actividade social descoñecida até aquel entón.

[editar | editar a fonte]
Un cigarro nun cinseiro.

A percepción cultural que rodea o acto de fumar variou conforme o paso do tempo e entre un lugar e outro: sagrado ou pecaminoso, sofisticado ou vulgar. Só nos nosos días, e principalmente nos países industrializados, fumar comezou a verse como negativo. Estudos médicos probaron que fumar é causa de enfermidades[2] tales como cancro de pulmón[3], paro cardíaco[4] e enfermidade pulmonar obstructiva crónica[5], así como defectos de nacemento. Debido aos comprobados danos á saúde, moitos países estableceron altos impostos aos produtos relacionados co tabaco conxuntamente con campañas para deixar de fumar nun intento de frear este hábito. Moitos países, estados ou cidades impuxeron do mesmo xeito prohibicións en edificios públicos onde non está permitido fumar. A pesar dos esforzos, os países europeos seguen tendo os índices máis altos de fumadores ocupando a posición 18, conforme a unha lista publicada por ERC, unha empresa dedicada ao estudo do mercado.[6] Nesta mesma lista Grecia aparece á cabeza, promediando 3000 cigarros por persoa ao ano en 2007.[7]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Fumar.
  2. Thun MJ, Hannan LM, Adams-Campbell LL, Boffetta P, Buring JE, Feskanich D, Flanders WD, Jee SH, Katanoda K, Kolonel LN, Lee IM, Marugame T, Palmer JR, Riboli E, Sobue T, Avila-Tang E, Wilkens LR, Samet JM; Hannan; Adams-Campbell; Boffetta; Buring; Feskanich; Flanders; Jee; Katanoda; Kolonel; Lee; Marugame; Palmer; Riboli; Sobue; Avila-Tang; Wilkens; Samet (2008). "Lung cancer occurrence in never-smokers: An analysis of 13 cohorts and 22 cancer registry studies". PLoS Med 5 (9): e185. PMC 2531137. PMID 18788891. doi:10.1371/journal.pmed.0050185. 
  3. Harris, J.R. (1998). The Nurture Assumption: Why children turn out the way they do (en inglés). New York: Free Press. 
  4. Nyboe J, Jensen G, Appleyard M, Schnohr P. "Risk factors for acute myocardial infarction in Copenhagen. I: Hereditary, educational and socioeconomic factors. Copenhagen City Heart Study.". Eur Heart J (10). PMID 2598948. 
  5. Devereux, G. (2006). ABC of chronic obstructive pulmonary disease. Definition, epidemiology, and risk factors (en inglés) 332. British Medical Journal. pp. 1142–1144. PMID 16690673. .
  6. Centers for Disease Control and Prevention (CDC, Centro de Control e Prevención de Enfermidades) (2002). "Annual smoking-attributable mortality, years of potential life lost, and economic costs--United States, 1995-1999". MMWR Morb. Mortal. Wkly. Rep. 51: 3–300. PMID 12002168. 
  7. "Which country smokes the most?" (en inglés). Consultado o 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía en inglés

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]