[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Fragmente der griechischen Historiker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Primeira edición dos Fragmenta historicorum Graecorum, volume 1.
París, Karl e Theodor Müller, 1841.

Os Fragmente der griechischen Historiker (Fragmentos dos historiadores gregos), máis coñecidos baixo a abreviatura de FGrH, FGH ou «o Jacoby», son unha colección de fragmentos de obras de historiadores gregos, reunidos polo filólogo alemán Felix Jacoby (1876-1959). Están en gran parte fundados nos Fragmenta historicorum Graecorum de Karl Müller, publicado en cinco tomos entre 1841 e 1870.

Jacoby emprende os FGrH en 1923. O seu fin é compilar o conxunto dos restos que subsisten de historiadores gregos hoxe perdidos: citacións, fragmentos atopados, resumos etc. Estes fragmentos están provistos dun aparello crítico, anotados e comentados brevemente, pero non se fornece tradución ningunha. O Jacoby contén máis de 12.000 fragmentos de fontes que chegan ata o período bizantino e, ademais das gregas, tamén de fontes noutras linguas como o armenio, siríaco e árabe[1].

Jacoby previra inicialmente un plan en cinco partes. Á súa morte, en 1959, apareceran 15 volumes pero só se terminaron tres partes, que comprenden fragmentos de 856 historiadores gregos:

A cuarta parte debía estar consagrada ás biografías e á literatura antiga; a quinta, á xeografía histórica. Jacoby non chegou a publicar tres seccións que xa escribira e o seu comentario ao volume IIIC. Deixou máis de 1200 páxinas de notas, que permitiron a un equipo de estudosos editar o volume IV da obra[2].

O Instituto Arqueolóxico Alemán (DAI) está financiando a edición, tradución e comentarios do volume V, referente a fragmentos de xeógrafos gregos antigos[3].

Os FGrH quedan como unha referencia ineludíbel para os investigadores da historia grega. permitiron igualmente revelar fontes ata entón descoñecidas, como os atidógrafos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]