[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Florencio Soto López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFlorencio Soto López
Biografía
Nacemento1900 Editar o valor en Wikidata
Redondela, España Editar o valor en Wikidata
Mortexaneiro de 1975 Editar o valor en Wikidata (74/75 anos)
Redondela, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Redondela
1932 – 1932
← Pedro Otero SesteloSerafín Alonso Veiga → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, enxeñeiro agrónomo Editar o valor en Wikidata
Partido políticoOrganización Republicana Gallega Autónoma
Izquierda Republicana Editar o valor en Wikidata

Florencio Soto López, nado en Redondela en 1900 e finado no mesmo concello en xaneiro de 1975, foi un perito agrícola e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Perito agrónomo. Na Segunda República foi concelleiro, sendo elixido 1º Tenente-Alcalde. Despois da dimisión de Pedro Otero Sestelo foi elixido alcalde. En xullo de 1932 asistiu á asemblea de redacción do Estatuto Galego convocada polo alcalde de Santiago. Deixou o cargo porque o Goberno suprimiu as corporacións elixidas polo artigo 29. Pertenceu á ORGA e despois integrouse en Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 non sufriu represalias. En 1948 foi detido e estivo preso por rebelión militar. Finou en Redondela en xaneiro de 1975.[1]


Predecesor:
Pedro Otero Sestelo
 
Alcalde de Redondela
 
1932
Sucesor:
Serafín Alonso Veiga

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Nicolasa Otero Paz, filla de Ramón Otero Milleiro.

  1. El Pueblo Gallego, 23-1-1975, p. 11.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2002). Redondela, crónica dun tempo pasado: A II República e o primeiro franquismo. Sada: Do Castro. pp. 270–271. ISBN 84-8485-090-0. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]