Florencio García Goyena
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de outubro de 1783 Tafalla, España |
Morte | 3 de xuño de 1855 (71 anos) Madrid, España |
Presidente do Goberno de España | |
12 de setembro de 1847 – 4 de outubro de 1847 ← Joaquín Francisco Pacheco y Gutiérrez Calderón – Ramón María Narváez → | |
Senador de España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, xuíz, avogado, xurista |
Partido político | Partido Moderado |
Membro de | |
Florencio García Goyena, nado en Tafalla en 1783 e finado en 1855, foi un xurista e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou os seus estudos de Dereito nas Universidades de Madrid e Salamanca. En 1823 exiliouse a Francia, regresando á morte de Fernando VII.
Ocupou os cargos de síndico-consultor das Cortes e Deputación de Navarra; fiscal criminal en Burgos; corrixidor en Guipúscoa; gobernador civil en Granada e Zaragoza; Rexente das audiencias de Valencia e Burgos; Maxistrado e presidente da Sala de Indias do Tribunal Supremo; Ministro de Xustiza con Joaquín Pacheco e no gabinete de Joaquín María López en 1843.
Incorporado dende moi cedo á Comisión Xeral de Codificación. A partir de 1846 participou decisivamente na elaboración do proxecto de Código Civil de España de 1851, tendo por base o Código Civil Francés, pasando a súa posteridade como o seu redactor.
Admirador, en materia penal, do xurista británico Sir William Blackstone e da Escola Penal inglesa, salvo no referente á institución do xurado, e contrario ás ideas de Cesare Beccariano extremo de aplicación da pena máxima, puxo freo aos dereitos forais, e introduciu o habeas corpus na lexislación española.
Reinado de Isabel II de España | ||
---|---|---|
Segue a: Joaquín Francisco Pacheco y Gutiérrez Calderón |
Florencio García Goyena | Precede a: Ramón María Narváez |
Presidente do Goberno de España |