[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Filodemo de Gádara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFilodemo de Gádara
Biografía
Nacementoc. 110 a. C. Editar o valor en Wikidata
Gadara, Xordania (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte35 a. C. Editar o valor en Wikidata (74/75 anos)
Herculano, Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, epigramatista, escritor, poeta Editar o valor en Wikidata
Período de tempoPeríodo helenístico Editar o valor en Wikidata
MovementoEpicureísmo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresZenão de Sídon (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteReal'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1065710 Discogs: 6103615 Editar o valor en Wikidata

Filodemo (en latín: Philodemus, en grego antigo: Φιλόδημος ὁ Γαδαρεύς) foi un filósofo epicúreo e poeta epigramático grego natural de Gádara, en Palestina, que viviu no século -I.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Crese que a famosa vila dos Papiros de Herculano era propiedade del, xa que parece que moitos dos papiros localizados contiñan as súas obras.

Foi contemporáneo de Cicerón, que o atacou con dureza, aínda que sen mencionalo, en In Pisonem, criticando sobre todo o seu carácter, pero louvando a súa habilidade e elegancia poéticas e o seu coñecemento da filosofía. Polo que di Cicerón, pódese concluír que foi un dos filósofos epicúreos máis distinguidos da súa época. Tamén aparece mencionado por Dióxenes Laercio, Estrabón e Horacio.

Os seus epigramas foron incluídos na Antoloxía de Filipe de Tesalónica, e parece que foi o primeiro poeta incluído nesta colección. A Antoloxía grega inclúe 34 dos seus epigramas, xeralmente sobre amor e erotismo, notoriamente elegantes. En prosa, Dióxenes Laercio menciona o libro τῆς τω̂ν φιλοσόφων συντάξεως tēs tōn filosófōn syntákseōs. Outra obra súa era περὶ μουσικῆς perì musikēs (Sobre a música).[1]

  1. Smith, William (ed.) (1867). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en inglés). Volume III. Boston: Little, Brown & Comp. p. 304.