Fernando Cervigón
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1930 Valencia, España |
Morte | 17 de maio de 2017 (86/87 anos) Caracas, Venezuela |
Educación | Universidade de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | zoólogo, ictiólogo |
Premios | |
Fernando Cervigón, nado en Valencia, España, é un oceanógrafo e ictiólogo hispano-venezolano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Realizou os seus estudos de licenciatura e doutoramento en Ciencias Biolóxicas na Universidade de Barcelona. Foi director científico da Estación de Investigaciones Marinas de Margarita (Nueva Esparta, Venezuela), da "Fundación La Salle" (1961-1970). Posteriormente exerceu como profesor–investigador na Universidade de Oriente (1970-1980), onde ocupou o cargo de director do Instituto Oceanográfico de Cumaná (1973-74), e do Centro de Investigaciones Científicas do Núcleo de Nueva Esparta, até 1980, xubilándose como Profesor Titular en 1990.
Foi comisionado pola oficina rexional da UNESCO para ditar cursos e conferencias en varios países de Iberoamérica, e Consultor da FAO en 1977-78 e 1991. En 1983 creou a Fundación Museo del Mar da Illa de Margarita (Nueva Esparta, Venezuela), da que é presidente vitalicio, inaugurándose o Museo Marino de dita fundación en 1994.[1]
Ao longo dos máis de 50 anos de vida científica descubriu e describiu numerosas especies de peixes, entre elas o peixe porco do Caribe[2] e é autor de numerosas obras sobre os peixes e o medio ambiente oceánico de Venezuela.
Obra
[editar | editar a fonte]Entre as súas obras científicas é de destacar Los peces marinos de Venezuela, publicada en cinco volumes entre os anos 1991 e 2000.[3]
Moi compenetrado coa cultura e o sentir margariteños, ademais dos seus traballos científicos publicou numerosas obras relacionadas con aspectos da natureza e a idiosincrasia humana dos insulares, interesándose tamén pola historia rexional e a súa proxección nacional dn Venezuela. Entre estes temas merecen destacarse:
- Paraguachoa (1977)
- La Carpintería de Ribera en la Isla de Margarita (1988)
- Cubagua 500 años (1997)
- Las perlas en la historia de Venezuela (1998)
Honras e distincións
[editar | editar a fonte]- Premio Nacional de Ciencias (1988).
- Individuo de número da Academia de Ciencias Físicas, Matemáticas y Naturales (2002).
- Medalla de primeira clase da Orde Andrés Bello (1988)
- Grande Oficial da Orde del Libertador (1994).
É fillo adoptivo dos Municipios Península de Macanao e Tubores, do Estado Nueva Esparta, e foi declarado fillo ilustre do mesmo estado pola Asemblea Rexional en 2003.
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Cervigón utiliízase para referirse a Fernando Cervigón como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Especies únicas en Margarita" por Joan Izaguirre. El Universal, 22/11/2004. Consltada o 16/12/2012.
- ↑ Oxynotus caribbaeus Arquivado 05 de xuño de 2011 en Wayback Machine. na Lista Vermella da IUCN (en inglés) Consultada o 16/12/2012.
- ↑ Arturo Acero (1993): "Los Peces Marinos de Venezuela Volumen 1", Copeia (Sociedad Americana de ictiólogos y herpetólogos) 1993 (1): pp. 248–249.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Academia de Ciencias Físicas, Matemáticas y Naturales de Venezuela. Biografía de Fernando Cervigón[Ligazón morta] (en castelán) Consultada o 16/12/2012.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- ACFMNV. Homenaje a Fernando Cervigón en sus 50 años de vida científica[Ligazón morta] (en castelán) Consultada o 16/12/2012.
- Obras de Fernando Cervigón en GoogleBooks. Consultada o 16/12/2012.
- Vídeo de Fernando Cervigón. Publicado por El Sol de Margarita o 19/06/2012. (en castelán) Consultado o 16/12/2012.