[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Feminismo pro-sexo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O feminismo pro-sexo é un termo inventado por Ellen Willis que se opón ó feminismo abolicionista da pornografía machista e outras violencias de xénero relacionadas co sexo e a obxectificación da muller. Willis considérase "feminista non tradicional" e pensa que a sexualidade é o centro da liberación das mulleres. No século XXI estas ideas son consideradas machistas polo feminismo.[1][2]

A partir da década de 1980 (época da terceira onda do feminismo) comezaron a agromar novos discursos que inclúen como suxeitos políticos, que foran esquecidas até daquela, ás prostitutas, as actrices porno e os insubmisos sexuais.[3] A idea era incluír todas as mulleres no feminismo e loitar pola mellora de condicións de vida de todas elas. Axiña viron[quen?] que se trataba dunha "trampa", xa que ningunha desas mulleres faría ese uso do seu corpo se tivese liberdade económica e social, e o feito de que unha dona pense que vale o que o seu corpo pode valer para un home é froito do machismo da súa cultura e sociedade, xa que iso non é intrínseco da especie humana e nunca lles pasa ós homes.[4] Esta confrontación deu lugar ás chamadas guerras sexuais feministas.

Así, durante os anos 80 comezaron a manifestarse nos Estados Unidos discursos feministas anti-pornografía e abolicionistas coa prostitución, xa que consideraban que a representación das mulleres arredor destes eixos estaba contribuíndo á violencia de xénero (un dos focos da cuarta onda do feminismo). Esta idea sintetízase na afirmación de Robin Morgan: “a pornografía é a teoría, a violación é a práctica[Cómpre referencia]. Perante este feminismo estatal[Cómpre clarificar] que comezaba a ditar leis de regulación da pornografía, aparecen autoras feministas que defenden a liberación sexual.

  1. "Ellen Willis Came Up with the Term Pro-Sex Feminism". The Rumpus.net (en inglés). 20 de setembro de 2011. 
  2. Willis, Ellen (1979). Femisnism, moralism and pornography (en inglés). The Village Voice. 
  3. Preciado, Beatriz (Paul) (2008). Testo Yonqui (en castelán). Madrid: Espasa Calpe S.A. 
  4. Begoña Gómez Urzaiz, Ana de Miguel:“Considerar que dar las campanadas medio desnuda es un acto feminista es un error garrafal”, entrevista a Ana de Miguel, publicada a El País, 21 de decembro de 2017 (en castelán)