Feliformes
Feliformes ou Feloideos Feliformia vel Feloidea Rango fósil: eoceno - actualidade | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tigre (Panthera tigris) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Familias (actuais e fñósiles) | |||||||||||||||||
A dos feliformes, tamén chamados feloideos (Feliformia vel Feloidea), e unha das dúas subordes na que se adoita dividir a orde dos carnívoros que comprende os carnívoros con aspecto "felino", incluíndo os gatos (grandes e pequenos), as hienas, as mangostas, as civetas e outros taxons relacionados.[1]
On membros da suborde dos feliformes contrasta cos da outra suborde de carnívoros, a dos caniformia (Caniformia), que reúne aos carnívoros con aparencia de "cans".
Ambas as subordes comparten unha característica que distingue aos carnívoros do resto dos mamíferos: a presenza de catro dentes carniceiros, un en cada hemimandíbula, que é un molar ou un premolar modificado e que se utiliza para esgazar carne e triturar ósos.
A separación dos carnívoros nos dous grandes grupos de feliforms e caniforms é hoxe amplamente aceptada, así como o é a cateforización de ambos os grupos como subordes (aínda que algún autores os consideran ás veces como superfamilias). Con todo, a clasificación dos feliformes como parte da suborde Feliformia ou baixo outras distintas agrupacións segue evolucionando.
As clasificacións sistemáticas que se ocupan só dos taxa actualmente vivos inclúen a todos do feliformes na suborde dos Feliformia.[1][2]
Aínda que existen variacións na definición e na agrupación de familias e xéneros, as filoxenias moleculares suxiren, de feito, que todos os feliformes existentes son monofiléticos.[3]
As familias existentes na actualidade son as que aparecen na cadro de clasificación científica á dereita, e as opinións sustentadas neste artigo reflicten os puntos de vista máis contemporáneos e ben fundamentados no momento en que se escribiu.
As clasificacións sistemáticas que tratan tanto os taxa existentes como os extintos varían máis amplamente, segundo os autores,[4][5] Algúns autores separan certos feliformes (existentes e extintos) en grupos distintos, como por exemplo, a superfamilia dos Aeluroidea da suborde dos Feliformia.[5] Outros inclúen todos os feliformes (existentes, extintos e "posíbeis antepasados") na suborde dos Feliformia,[4] Porén, estudos recentes suxiren que esta inclusión de "posíbeis antepasados" en Feliformia (ou mesmo en Carnivora) pode ser falsa (Wesley-Hunt e Flynn 2005).[6]
Árbore filoxenética dos feliformes
[editar | editar a fonte]Feliformia |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Myers, P.; R. Espinosa; C. S. Parr; T. Jones; G. S. Hammond & T. A. Dewey (2008). ADW - University of Michigan Museum of Zoology, ed. "Suborder Feliformia" (en inglés). Consultado o 17 de decembro de 2014.
- ↑ Feliformia no SIIT. Consultado o 17 de decembro de 2014.
- ↑ Eizirik, E.; W. J. Murphy; K. P. Koepfli; W. E. Johnson; J. W. Dragoo; R. K. Wayne & S. J. O’Brien (2010): "Pattern and timing of the diversification of the mammalian order Carnivora inferred from multiple nuclear gene sequences". Molecular Phylogenetics and Evolution 56: 49-63.
- ↑ 4,0 4,1 Datos do rexistro fósil (con referencias taxonómicas) das especies viventes e extintas Suborder Feliformia Kretzoi 1945 Arquivado 17 de decembro de 2014 en Wayback Machine. en The Paleaobiology Database. Consultado o 17 de decembro de 2014.
- ↑ 5,0 5,1 Apoio ás referencias taxonómicas das especies existentes e extintas. Systema Naturae 2000 - Suborder Feliformia Arquivado 17 de decembro de 2014 en Wayback Machine.. Consultado o 17 de decembro de 2014.
- ↑ Wesley-Hunt, Gina D. and John J. Flynn (2005): "Phylogeny of the Cernivora: Basal Relatonoships among the Carnovoranorphans, and Assessment of the Position of ‘Miacoidea’ Relative to Carnivora". Journal of Systematic Palaeontology 3 (1): 1-28. Resuma.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Feliformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Feliformes |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Jackson, Peter & Adrienne Farrell Jackson (1996): Les félins, toutes les espèces du monde: París / Lausanne: Delachaux et Niestlé. La bibliothèque du naturaliste. ISBN 2-603-01019-0.
- Kemp, Thomas S, (2005): The Origin & Evolution of Mammals. Oxford: Oxford University Press. ISBN 0-19-850761-5.
- Marion, Rémy; Catherine Marion, Géraldine Véron, Julie Delfour, Cécile Callou & Andy Jennings (2005): Larousse des Félins. París: Larousse. ISBN 2-03-560453-2.
- Wilson, Don E. & Russell A. Mittermeier (eds.) (2009): Handbook of the Mammals of the World. Volume 1: "Carnivores." Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-96553-49-1.
- Wilson, Don E. & Reeder, Dee Ann M., eds. (2005): Mammal Species of the World - A Taxonomic and Geographic Reference. 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Feliformia en ADW.
- Feliformia no SIIT.
- Feliformia en Mammal Species of the World.
- Feliformia no NCBI.