Felice Gimondi
Biografía | ||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 29 de setembro de 1942 Sedrina (Reino de Italia) | |||||||||||||||||||
Morte | 16 de agosto de 2019 (76 anos) Giardini-Naxos, Italia | |||||||||||||||||||
Causa da morte | infarto agudo de miocardio | |||||||||||||||||||
Altura | 181 cm | |||||||||||||||||||
Peso | 71 kg | |||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||
Ocupación | ciclista | |||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Italia | |||||||||||||||||||
Deporte | ciclismo en ruta | |||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||
Participou en | ||||||||||||||||||||
1976 | 1976 Super Prestige Pernod (en) (8º) | |||||||||||||||||||
1974 | 1974 Super Prestige Pernod (en) (10º) | |||||||||||||||||||
1973 | 1973 Super Prestige Pernod (en) (4º) | |||||||||||||||||||
1972 | 1972 Super Prestige Pernod (en) (7º) | |||||||||||||||||||
1971 | 1971 Super Prestige Pernod (en) (6º) | |||||||||||||||||||
1970 | 1970 Super Prestige Pernod (en) (5º) | |||||||||||||||||||
1969 | 1969 Super Prestige Pernod (en) (2º) | |||||||||||||||||||
1968 | 1968 Super Prestige Pernod (en) (2º) | |||||||||||||||||||
1967 | 1967 Super Prestige Pernod (en) (3º) | |||||||||||||||||||
1966 | 1966 Super Prestige Pernod (en) (2º) | |||||||||||||||||||
1965 | 1965 Super Prestige Pernod (en) (5º) | |||||||||||||||||||
1964 | Xogos Olímpicos de 1964 | |||||||||||||||||||
Tour de Francia | ||||||||||||||||||||
Giro de Italia | ||||||||||||||||||||
Vuelta a España | ||||||||||||||||||||
Descrito pola fonte | Felice Gimondi, Cyclist With a Career Triple Crown and a Rival, Dies at 76 (en) |
Felice Gimondi, nado en Sedrina o 29 de setembro de 1942 e finado en Giardini-Naxos o 16 de agosto de 2019, foi un ciclista italiano, coñecido por ser un dos poucos que gañou as tres Grandes Voltas e o que máis veces subiu ao podio no Giro de Italia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1964 adxudicouse o Tour do Porvir. Iniciou a súa carreira profesional en 1965, ano en que foi terceiro no Giro de Italia e gañou o Tour de Francia por diante de Raymond Poulidor vencendo en tres etapas. En total chegará a obter 7 tiradas na rolda francesa.
O seu primeiro Giro de Italia acadarao en 1967 e o seguinte en 1969 pasando a ser un dos eternos segundos na era do dominio absoluto de Eddy Merckx ata volvelo conseguir en 1976 tras arrebatarlle a camisola rosa a Johang De Muynck na penúltima tirada contra o crono. Na volta italiana subiría ao podio 9 veces e gañaría 6 tiradas.
En 1968 facíase coa Volta a España, acadando xa naquela altura unha das triplas coroas do ciclismo: gañar nas tres grandes voltas. Nese ano gañaba tamén o seu segundo Gran Premio das Nacións acabando coa era de Jacques Anquetil señor absoluto desa prestixiosa proba. Semellaba que ía ser un novo Fausto Coppi, pero Eddy Merckx cruzaríase no seu camiño en todos os terreos: No Giro de 1970 foi segundo a 3´14´´ de Merckx, no campionato do mundo de fondo en estrada foi segundo tras Merckx en 1971. No Tour de Francia de 1972 foi tamén segundo por detrás do campión belga. O seu desquite produciríase en 1973 no campionato do mundo do fondo en estrada cando nun circuíto ben coñecido polo campión belga (Montjuic) este desatou un dos seus poderosos ataques, rompeu a carreira e se levou consigo a Luis Ocaña, vencedor no Tour daquel ano, e a un gregario de luxo, Freddy Maertens, que presumiblemente tiña que preparar un dos seus inapelables sprints. Gimondi aguantou ese ataque e no momento do sprint conseguiu unha sostida punta de velocidade que lle permitiu ser o campión do mundo dese ano.
En 1972 impúxose na Volta a Cataluña. Gimondi gañou tamén importantes clásicas como a París-Roubaix de 1966, o Giro da Lombardía en 1966 e 1973 e a Milán-San Remo de 1974. A París-Bruxelas gañouna dúas veces con dez anos de diferenza (1966 e 1976). En total acadou 141 triunfos. Retirouse en 1979.