Familia Bernoulli
A familia Bernoulli é unha familia de matemáticos e físicos suízos procedentes da cidade de Basilea, que irrompeu no mundo científico a finais do século XVII.
O fundador desta familia foi Jacob o vello, nado en Anveres (Bélxica), un hugonote que se trasladou a Basilea en 1622 por motivos de persecución relixiosa. casou tres veces e só tivo un fillo, Nikolaus. Este casou e tivo unha ducia, dos cales catro chegaron á idade adulta; dous deles convertéronse en matemáticos de primeira orde: Jakob, nado en 1654, e Johann, nado en 1667. Ambos estudaron a teoría do cálculo infinitesimal de Leibniz e desenvolveron aplicacións da mesma.
Principais membros
[editar | editar a fonte]A familia Bernoulli produciu moitos artistas e científicos notables, en particular un gran número de matemáticos famosos do século XVIII:
- Jakob Bernoulli (1654–1705; tamén coñecido como James ou Jacques), matemático que deu nome aos números de Bernoulli.
- Nicolaus Bernoulli (1662–1716), pintor e rexedor de Basilea.
- Johann Bernoulli (1667–1748; tamén coñecido como Jean), matemático suízo que adoptou de forma temperá o cálculo infinitesimal.
- Nicolau I Bernoulli (1687–1759), matemático suízo.
- Nicolau II Bernoulli (1695–1726), matemático suízo; investigou as curvas, as ecuacións diferenciais e a probabilidade.
- Daniel Bernoulli (1700–1782) desenvolveu o principio de Bernoulli o paradoxo de San Petersburgo.
- Johann II Bernoulli (1710–1790; tamén coñecido como Jean), matemático e físico suízo.
- Johann III Bernoulli (1744–1807; tamén coñecido como Jean), xeógrafo, astrónomo e matemático xermano-suízo.
- Jakob II Bernoulli (1759–1789; tamén coñecido como Jacques), físico e matemático ruso-suízo.
Liña familiar
[editar | editar a fonte]Jakob o vello (1598-1634) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nicolaus (1623-1708) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Jakob I (1654-1705) | Nicolau (1662-1716) | Johann I (1667-1748) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nicolau I (1687-1759) | Nicolau II (1695-1726) | Anne Catherine (1698-1784) | Daniel (1700-1782) | Johann II (1710-1790) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Johann III (1744-1807) | Daniel II (1751-1834) | Jakob II (1759-1789) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Familia Bernoulli |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hoffman, J.E. Bernoulli, Jakob (Jacques) I 2. pp. 46–51.
- I., Schneider (2005). "Jakob Bernoulli Ars conjectandi (1713)". En Grattan-Guinness, Ivor. Landmark Writings in Western Mathematics 1640–1940. Elsevier. pp. 88–104. ISBN 978-0-08-045744-4.
- Livio, Mario (2002). The golden ratio: the story of phi, the world's most astonishing number. Broadway Books. ISBN 978-0-7679-0815-3.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Encyclopedia of Science, de David Darling (en inglés)