[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Falanxe (ósos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ilustración das falanxes da man humana
Ilustración das falanxes do pé humano.
(Os nomes de todos os ósos veñen co nome científico latino)

As falanxes son os ósos que forman os dedos das mans e pés dos vertebrados tetrápodes.

No ser humano, cada dedo ten tres falanxes, excepto o polgar e o hallux (o "dedo gordo do pé"), que teñen só dous.

As falanxes teñen nomes diferentes, conforme a súa posición:

Nos outros vertebrados, principalmente nos ungulados, o número de falanxes pode estar reducido, ou algunhas falanxes fundidas.