Explosions in the Sky
Aparencia
Orixe | Austin, Texas, |
---|---|
Período | 1999 - presente |
Xénero(s) | post-rock |
Selo(s) discográfico(s) | Temporary Residence Limited, Bella Union |
Membros | Mark Smith Chris Hrasky Munaf Rayani Michael James |
Na rede | |
explosionsinthesky.com | |
Explosions in the Sky é unha banda estadounidense de post-rock procedente de Austin, Texas. O grupo gañou popularidade máis alá da escena post-rock polos seus elaborados traballos de guitarras, polo seu estilo narrativo instrumental, que eles chaman "mini-sinfonías catárticas", e polos seus entusiastas e emocionantes concertos. Principalmente tocan con tres guitarras eléctricas e unha batería, aínda que Michael James cambia ás veces a súa guitarra por un baixo. Recentemente a banda engadiu un quinto membro para as súas actuacións. A súa música é case enteiramente instrumental.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
How Strange, Innocence | 2000 | Sad Loud America |
Those Who Tell the Truth Shall Die, Those Who Tell the Truth Shall Live Forever | 2001 | Temporary Residence Limited |
The Earth Is Not a Cold Dead Place | 2003 | Temporary Residence Limited |
The Rescue | 2005 | Temporary Residence Limited |
All of a Sudden I Miss Everyone | 2007 | Temporary Residence Limited |
Take Care, Take Care, Take Care | 2011 | Temporary Residence Limited |
The Wilderness | 2016 | Temporary Residence Limited |
End | 2023 | Temporary Residence Limited |