Eunapio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 349 Sardes, Turquía |
Morte | década de 420 (>414) (70/80 anos) |
Relixión | Politeísmo |
Actividade | |
Ocupación | historiador, escritor, filósofo, biógrafo |
Período de tempo | Imperio Romano |
Profesores | Crisâncio de Sardes (pt) e Proerésio (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Encyclopædia Britannica |
Eunapio de Sardes (en grego: Εὐνάπιος) nado en Sardes, Lidia, en Asia Menor (actual Turquía) no 347[1] e finado contra o 414 ou o 420, foi un sofista, historiador e biógrafo coñecido principalmente pola súa obra Βίοι Φιλοσόφων καὶ Σοφιστῶν (coñecida en latín como De vitis philosophorvm et sophistarvum -normalmente referida como Vitae sophistarum; en galego, Vida de filósofos e de sofistas), escrita entre 396 e 399 e que consta dun total de 24 de biografías de filósofos neoplatónicos, retóricos e doutores.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Vida
[editar | editar a fonte]Eunapio era natural de Sardes, unha cidade de Asia Menor onde pasou a maior parte da súa vida. A súa primeira educación a recibiu do seu parente Crisancio[3], que o introduciu na defensa do paganismo e o odio ao cristianismo que foron características das súas obras.[1] Con quince anos embarcou para Atenas onde estudou durante anos co sofista Proeresio, quen o acolleu coma un fillo.
Despois deste período, obrigado polos seus pais, regresou aos 19 anos a Sardes onde impartiu clases de retórica pola mañá mentres estudaba filosofía pola tarde baixo Crisancio e tamén aprendeu amplos coñecementos de medicina.[4] Durante este período, pasou a formar parte do círculo de sofistas pagáns que incluía a Oribasio, o antigo médico da corte do emperador Xuliano.[5][6]
Nos seus derradeiros anos, viviu en Atenas, onde ensinou retórica. Aló, tamén foi iniciado nos Misterios de Eleusis[5] polo derradeiro hierofante, Nestorio,[7][8] o mesmo que tamén iniciou a Xuliano,[9] foi admintido no colexio dos Eumólpidas e, el mesmo, se converteu en hierofante.
Morte
[editar | editar a fonte]Non se coñece a data da súa morte pero se especula con dúas posibilidades: por unha banda, hai evidencias de que aínda vivía no reinado de Teodosio II xa que menciona un suceso que ocorrera no ano 414 e hai autores que a marca nese ano,[10] mais outros autores mencionan a data do 420.[11]
Filosofía
[editar | editar a fonte]Eunapio levou a conciencia das superposicións entre a filosofía e a sofística, entre Platón e os sofistas máis antigos, á tarefa de resaltar as carreiras dos neoplatónicos. Ao facelo, Eunapio quita o significado orixinal do termo sofisma cando se usa para describir as doutrinas dos neoplatónicos.[12]
Obra
[editar | editar a fonte]Eunapio é coñecido por ter escrito dúas obras literarias De vitis philosophorvm et sophistarvum, e unha historia universal (Μετὰ Δέξιππον χρονικὴ ἱστορία) que continuaba a de Dexipo.[13]
Vitae sophistarum
[editar | editar a fonte]A obra De vitis philosophorvm et sophistarvum escrita arredor do ano 396[14] é unha colección, que pervive ata hoxe, de 24 breves textos biográficos de autores contemporáneos ou próximos a Eunapio, e foi redactado por inspiracion de Crisancio.[1] Estes autores son: Plotino, Porfirio, Xámblico, Edesio el Capadocio, Máximo, Prisco, Crisancio, Epígono, Beroniciano, Xuliano de Capadocia, Proeresio, Epifanio, Diofanto o Árabe, Sopolis, Himerio, Parnasio, Libanio, Acacio, Ninfidio, Zenón de Chipre, Magno, Oribasio, Xónico e Teón.[15]
É moi relevante por se-la única fonte para a historia da filosofía pagá, case todos filósofos e sofistas neoplatónicos, desa época, o século IV,[16][17] e xunto cos seus mestres,, tamén aparecen os seus colegas e familiares.[18]
Edicións
[editar | editar a fonte]A primeira edición foi realizada en Anveres, en 1568, por Hadrianus Xunius, e aparece cunha pequena biografía e un comentario en latín. Posteriormente, se editaron en Frankfurt, en 1596, por H. Commelinus, e en Xenebra, en 1616 por Paul Stephens. Porén, a mellor edición, cun testo mellorado e notas é a realizada en Ámstedam, no 1822, por Wyttenbach, e J. F. Boissonade.[1]
Μετὰ Δέξιππον χρονικὴ ἱστορία
[editar | editar a fonte]Esta segunda, non se conserva, e só quedan fragmentos que están recollidos na Suidas, e que tamén foron incorporados á obra de Zósimo. Eran 14 libros que narraban acontecementos entre o 270 (morte de Claudio II o Gótico) e o 404[19] cando Xoán Crisóstomo foi enviado ao exilio.[1] A obra, foi realizada por suxestión de Oribasio e, segundo Focio, houbo dúas edicións: na primeira, Eunapio foi máis explicitamente anticristián que Olimpiodoro de Tebas e criticou duramente o cristianismo, especialmente a Constantino, o Grande; e na segunda, purgada, desaparecen moitas desas críticas,[20] que Focio indica que non foi realizada por Eunapio senón, seguramente, por algún cristián ou algún libreiro.[1]
Desta segunda, todo o que queda, son fragmentos denominados Excerpta de Legationibus, unha antoloxía de resumos de obras literarias compilados por orde do emperador Constantino VII.[6][16], e unha serie de fragmentos conservados en Suidas. Estes restos foron publicados por D. Hoschel.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Schmitz (1867), p. 93
- ↑ Zeyl (2013), p. 238
- ↑ Hartmann 2018, pp. 118–121
- ↑ Hartmann 2018, p. 128
- ↑ 5,0 5,1 Rohrbacher (2013), p. 64.
- ↑ 6,0 6,1 Lake (2013), p. 69.
- ↑ Eunapius, Vitae Sophistarum, 7.3.1
- ↑ Clinton (1974), p. 42
- ↑ Tanaseanu-Döbler & Döbler (2012), p. 129.
- ↑ Maenchen-Helfen (1973), p. 497.
- ↑ Hartmann 2018, p. 131.
- ↑ Marback (1999), p. 24.
- ↑ Hartmann 2018, pp. 131–132
- ↑ Momigliano (2006). p. 208.
- ↑ Hartmann 2018, p. 133
- ↑ 16,0 16,1 Kidd (1999), p. 321.
- ↑ Hartmann 2018, pp. 133–136
- ↑ Urbano (2013), p. 56.
- ↑ VV. AA. (1910), p. 890
- ↑ Urbainczyk (1997), p. 93
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Clinton, Kevin (1974). The Sacred Officials Of The Eleusinian Mysteries. Serie: Transactions of the American Philosophical Society (vol. 64, parte 3) (en inglés). Philadelphia: American Philosophical Society. ISBN 9780871696434. LCCN 73079573. OL 5432452M.
- Hartmann, Udo (2018). Der spätantike Philosoph. Die Lebenswelten der paganen Gelehrten und ihre hagiographische Ausgestaltung in den Philosophenviten von Porphyrios bis Damaskios (en alemán). Bonn: Habelt. ISBN 978-3-7749-4172-4.
- Kidd, I. G. (1999). Posidonius (Volume 3, The Translation of the Fragments) (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-62258-5.
- Lake, Justin (2013). Prologues to Ancient and Medieval History: A Reader (en inglés). Toronto: University of Toronto Press. ISBN 978-1-4426-0503-9.
- Maenchen-Helfen, Otto (1973). The World of the Huns: Studies in Their History and Culture (en inglés). University of California Press. ISBN 978-0-520-01596-8.
- Marback, Richard (1999). Plato's Dream of Sophistry (en inglés). Columbia, SC: University of South Carolina Press. ISBN 978-1-57003-240-0.
- Momigliano, Arnaldo (2006). Ottavo contributo alla storia degli studi classici e del mondo antico (en italiano). Roma: Edizioni di Storia e Letteratura. ISBN 978-88-87114-20-1.
- Rohrbacher, David (2013). The Historians of Late Antiquity (en inglés). Londres: Routledge. ISBN 978-1-134-62885-8.
- Schmitz, Leonhard (1867). "Eunapius". En Smith, William. A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (vol. II) (en inglés). Boston: Little, Brown and Company. p. 93.
- Tanaseanu-Döbler, Ilinca; Döbler, Marvin (2012). Religious Education in Pre-Modern Europe (en inglés). Leiden: BRILL. ISBN 90-04-23213-3.
- Urbainczyk, Theresa (1997). Socrates of Constantinople: Historian of Church and State (en inglés). Ann Arbor: University of Michigan Press. ISBN 978-0-472-10737-7.
- Urbano, Arthur P. (2013). The Philosophical Life (en inglés). Washington D.C.: CUA Press. ISBN 978-0-8132-2162-5.
- VV. AA. (1910). "Eunapius". The Encyclopaedia Britannica (Vol. 9: Edwardes - Evangelical Association) (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. p. 890.
- Zeyl, Donald J. (2013). Encyclopedia of Classical Philosophy (en inglés). Londres: Routledge. ISBN 978-1-134-27078-1.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- De vitis philosophorvm et sophistarvum, edición princeps de 1568 de Hadrianus Xunius, en grego con tradución en latín.
- Βίοι Φιλοσόφων καὶ Σοφιστῶν. Texto orixinal en grego.