[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Eugenio Calderón Montero-Ríos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEugenio Calderón Montero-Ríos
Biografía
Nacemento9 de maio de 1892 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de febreiro de 1981 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro, empresario, político Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiBenito Calderón Ozores Editar o valor en Wikidata
IrmánsVicente Calderón Montero-Ríos Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1221938

Eugenio Calderón Montero-Ríos, nado en Madrid o 9 de maio de 1892 e finado na mesma cidade o 11 de febreiro de 1981, foi un enxeñeiro, empresario e político español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Benito Calderón Ozores e de Eugenia Montero Villegas e neto de Vicente Calderón Oreiro e Eugenio Montero Ríos. Enxeñeiro militar.[1] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado en setembro subdelegado de Orde Pública da provincia de Pontevedra,[2] nunha etapa caracterizada pola eliminación extraxudicial de desafectos ao golpe militar. En febreiro de 1938 foi nomeado Xefe do Servizo Nacional de Ferrocarrís.[3] En 1951 era director xeral da Sociedad Nacional Industrias Aplicaciones Celulosa Española (SNIACE).[4] Foi presidente da Mutua General de Seguros.

Finou en Madrid o 11 de febreiro de 1981.[5]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Madrid con Gloria Sola Rodríguez en abril de 1917,[6] e foi pai de Eugenio, Eduardo, Gloria, Juan José, María Isabel, Francisco e Santiago.

  1. Diario de Galicia, 31-8-1916, p. 2.
  2. Progreso, 4-9-1936, p. 2.
  3. El Pueblo Gallego, 19-2-1938, p. 5.
  4. Repoboación forestal, resistencia veciñal, fábrica de celulosa...
  5. Necrolóxica en ABC, 15-2-1981, p. 100.
  6. El Diario de Pontevedra, 24-4-1917, p. 2.