[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Eugen Coșeriu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEugen Coșeriu

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xullo de 1921 Editar o valor en Wikidata
Mihăileni, Moldova (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte7 de setembro de 2002 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Tubinga, Alemaña Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Iași
Universidade de Roma La Sapienza
Universidade de Milán Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFiloloxía eslava, Filoloxía románica e filosofía da linguaxe Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista, romanista, profesor universitario, filólogo, filósofo da linguaxe Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Tubinga Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresGiovanni Maver (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosAdolfo Elizaincín (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Косерю Эухенио) Editar o valor en Wikidata
Sitio webcoseriu.de Editar o valor en Wikidata
BNE: XX884562 Dialnet: 82927

Eugen Coșeriu ou Eugenio Coseriu,[1] nado en Mihăileni (na actualidade pertencente a Moldova) o 27 de xullo de 1921 e finado en Tubinga (Alemaña) o 7 de setembro de 2002, foi un lingüista alemán de orixe romanesa. A súa contribución á historia da lingüística e revisión e interpretación de moitos conceptos tradicionais foi fundamental. É autor dunha importante obra teórica que afondou en moitos aspectos da linguaxe.

Doutor en filosofía e filoloxía, filólogo romanista. Cualificado por Mircea Borcilă (Universidade de Cluj) como:

O máis lúcido expoñente da cultura romanesa no plano universal do coñecemento humano.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De gran formación filosófica, histórica, lingüística e clasicista, en 1940 e xa iniciados os seus estudos universitarios, Coseriu trasladouse a Roma, onde os terminou; once anos despois e ata 1958 foi profesor na Universidade de Montevideo e, dende 1963 ata a súa morte, foino na de Tubinga (Alemaña). Na súa dilatada carreira publicou moitos estudos e artigos, algúns deles recompilados en obras como Teoría del lenguaje y lingüística general ou Tradición y novedad en la ciencia del lenguaje. A súa obra é moi extensa e orixinal, aínda que nunca chegou a publicar un manifesto ou manual que sistematizase o seu pensamento e presentase a súa teoría lingüística como unha unidade; porén, si que se interesou pola sistematización do léxico e o ámbito da creatividade lingüística.
Coseriu figura tamén entre os filósofos que se aproximaron á linguaxe dende a lóxica, tratando de delimitar o que hai de particular, xeral e universal na mesma; ambición que empeza incluso con Aristóteles, pero que se materializa na lingüística contemporánea con Humboldt, Saussure e os lingüistas posteriores a eles.

  • Sincronía, diacronía e historia. El problema del cambio lingüístico (1958).
  • Teoría del lenguaje y lingüística general (1962).
  • Sprache, Strukturen und Funktionen (A fala, estruturas e funcións, 1970).
  • Tradición y novedad en la ciencia del lenguaje (1977).
  • Principios de semántica estructural (1977).
  • Estudos de lingüística románica (1977).
  • Der Mensch und seine Sprache.
  • Lecciones de lingüística general (1977).
  • Gramática, semántica, universales. (1978).
  • Textlinguistik. Eine Einführung (1980).
  • Competencia lingüística (1992).
  • Política, lengua y nación (publicado en 1995 xunto cos lingüistas españois Manuel Alvar e Fernando Lázaro Carreter)[3].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]