[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Espazo Socialista Galego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Espazo Socialista Galego
'Partido político de Galiza'
Dirixentes e organización
LíderXoán Carlos Bascuas
MocidadesMocidade Socialista Galega
Historia
Fundación8 de novembro de 2008 1
Posicións políticas
IdeoloxíaSocialismo democrático
Socialdemocracia
Nacionalismo galego
Galeguismo
Republicanismo
Laicismo
Na rede
http://espazoaberto.org/
1 Escisión de Esquerda Nacionalista.
Integrado dentro do BNG ata 2012.
Membro de Máis Galiza.

O Espazo Socialista Galego é unha forza política que naceu como escisión de Esquerda Nacionalista dentro do Bloque Nacionalista Galego o 8 de novembro de 2008.

O Espazo Socialista Galego foi fundado en 2008 como unha escisión de Esquerda Nacionalista (EN), cuns 85 dos 300 militantes de EN, entre os seus militantes tamén hai persoas que anteriormente non militaran no BNG. Defínese como un partido defensor do dereito de autodeterminación e do desenvolvemento sostible, laicista, republicano, multiculturalista, nacionalista gallego e socialista.[1][2]

Integrado na plataforma Máis BNG de cara á Asemblea do BNG de 2009, posteriormente converteuse nun dos membros e apoios da corrente Máis Galiza. Abandonou o BNG á vez que Máis Galiza, sendo o seu líder, Xoán Bascuas, o actual líder de Máis Galiza.[3]

Esquerda Nacionalista se escinde en dos partidos, publicado en El País o 8 de novembro de 2008