Estufado (arte)
O estufado é unha técnica da imaxinaría en madeira policromada que ten as súas orixes na arte gótica.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Foi adoptado pola arte barroca española e por esta vía traspasouse á arte colonial americana. A escultura barroca utilizou amplamente esta técnica, moi común para marcar as pregas das vestiduras das imaxes.
A medida que se desenvolvía a imaxinaría española do Século de Ouro español, íase abandonando dunha maneira progresiva o procedemento do estufado sobre ouro, posto que se obtiñan valores e tons máis naturais ao aplicar directamente o óleo ás cores das teas.
A orixe do nome crese que está na palabra italiana stoffa, cuxo significado é 'tea rica'. O material principal é o pan de ouro (tamén pan de prata ou de cobre), unhas láminas que imprimen esta tonalidade sobre as superficies nas que se desexa aplicar. Logo, con diferentes pigmentos cóbrense estas láminas e finalmente, mediante o raspado destas últimas capas, fanse debuxos, de tal maneira que quede descuberto o ouro subxacente.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Los materiales de la policromía: Empirismo y conocimiento científico Marisa Gómez, química e restauradora, Instituto del Patrimonio Histórico Español.