[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Estadio Olímpico Atahualpa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estadio Olímpico Atahualpa
Estadio Olímpico Atahualpa
Datos
Coordenadas0°10′39″S 78°28′36″O / -0.177528, -78.476583
LocalizaciónQuito, Ecuador
Construción
Inauguración1951
Renovación1977, 1992, 2011
ArquitectoMenatlas Quito C.A.
Estadio
SuperficieCéspede
Capacidade40.948
PropietarioConcentración Deportiva de Pichincha
LocalíaCD El Nacional, Deportivo Quito, Ecuador
Eventos
editar datos en Wikidata ]

O Estadio Olímpico Atahualpa é un recinto deportivo adicado á práctica do fútbol e do atletismo, situado na zona norte da cidade de Quito, en Ecuador, no que disputan os seus encontros como locais varios equipos de fútbol da capital ecuatoriana (os mais salientables o Club Deportivo El Nacional e o Sociedad Deportivo Quito) así como a Selección de fútbol de Ecuador.

O nome do estadio recorda ó gobernante inca Atahualpa nacido en 1500 e executado en 1533.

Construído entre 1948 e 1951 por iniciativa municipal, o estadio foi inaugurado o 25 de novembro de 1951 cunha capacidade para 34.000 espectadores nas bancadas. Posteriormente foi remodelado nos anos 1977 e 1992 chegando a ter unha capacidade para 50.933 persoas. En 2011 recibiu a súa terceira remodelación, coa intención de aumentar a capacidade dende as 40.948 prazas ata 50.000, todas de asento.

O estadio é propiedade da empresa Concentración Deportiva de Pichincha, que non só ten organizado eventos deportivos, senón tamén eventos culturais, sobre todo concertos de cantantes e bandas como Juan Luis Guerra, Bon Jovi, Luis Miguel, Carlos Vives, Shakira, Alejandro Sanz, Maná, Guns N' Roses, Jonas Brothers, Marc Anthony, Miley Cirus, Ricardo Arjona etc. En 1985 tamén acolleu a multitudinaria misa do papa Xoán Paulo II.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]