[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Eremitorio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Antonio Abade, fundador do movemento eremítico.

Eremitorio é o lugar ao que se retira e onde realiza as súas actividades o eremita.[1] Unha palabra relativa á arquitectura relixiosa que proviría da palabra eremita («ermitán»), á súa vez do grego eremites (de ἔρημος, só, separado), tamén se define como o «sitio en que hai unha ou varias ermidas». Un exemplo antigo do seu uso áchase en «Do establecemento dos primeiros eremitorios, pretenden os antigos cronicones arrincar a fundación dalgunhas igrexas de Galicia...».[2][3] Pelayo Clairac sinala como os seus correspondentes en francés o de hermitage e en italiano eremo e romitaggio.[2] Outra variante en castelán sería a de «ermitorio».[3] O termo, intimamente relacionado co de ermida (máis empregado hoxe para facer referencia a un tipo específico de edificio), na actualidade aparece en ocasións vinculado á palabra «rupestre».

Partes deste artigo inclúen texto de Dicionario xeral de arquitectura e enxeñaría (1877-1891), unha obra de Pelayo Clairac e Saénz (1819-1891) en dominio público.

Eremitorio visigodo de Valdecanales en Rus (Xaén)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]