Elasmobranquios
Elasmobranquios Elasmobranchii Rango fósil: silúrico tardío - actualidade[1] | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Manta xigante (Manta birostris), un elasmobranquio | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Superordes | |||||||||||||||||
|
De acordo coa clasificación tradicional, seguida aínda na actualidade por numerosos autores, os elasmobranquios (Elasmobranchii) conformaban unha subclase dentro da clase dos peixes cartilaxinosos ou condrictios (Chondrichthyes). Comprendía dúas superordes: selacimorfos (Selachimorpha) —os tiburóns— e batoideos (Batoidea) —as raias en sentido amplo—.
Características
[editar | editar a fonte]Estes peixes resentan un esqueleto formado por cartilaxes. A pel está recuberta de escamas placoides (dentículos dérmicos) que lles dan un tacto moi áspero (utilizouse antigamente como papel de lixa) ou pode estar núa.
Posúen de 5 a 7 arcos branquiais con cadansúa abertura a cada lado do corpo; as branquias non están protexidas por opérculos. Os dentes son numerosos e dispostos en fieiras. Carecen de vexiga natatoria.
Normalmente, os machos presentan uns órganos copuladores derivados das aletas pelvianas.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A subclase foi descrita en 1838 polo naturalista francés Charles Lucien Bonaparte.[2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Elasmobranchii está formado pola unión dos elementos elasmo- e -branchi, tirados do grego antigo ἔλασμα élasma ("placa de metal") e βράγχια bránchia, ("branquia", "galada"),[3] coa adición dun -i final para indicar plural.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Comprende dúas superordes cuxos membrose distínguense pola forma básica do seu corpo, ben diferente entre si:
- Superorde Batoidea ou Rajimorphii, de corpo basicamente aplanado e coas aberturas branquiais na cara ventral do corpo (hipotremos).
- Orde Rajiformes (raias verdadeiras)
- Orde Myliobatiformes (algunhas raias, ouxa, chucho)
- Orde Pristiformes (peixes serra)
- Orde Torpediniformes (estrugas)
- Superorde Selaquimorfos (Selachimorpha), de corpo xeralmente fusiforme e coas aberturas branquiais nos lados do corpo (pleurotremados).
- Orde Hexanchiformes (tiburóns primitivos)
- Orde Squaliformes (melga)
- Orde Pristiophoriformes (tiburóns serra)
- Orde Squatiniformes (peixe anxo)
- Orde Heterodontiformes (tiburón cornudo)
- Orde Orectolobiformes (tiburón balea)
- Orde Carcharhiniformes (tiburóns)
Taxonomía actual
[editar | editar a fonte]A taxonomía biolóxica non é inamovíbel, e as opinións sobre o correcto status dun taxon a todos os niveis, e sobre a súa correcta situación, son constantemente revisadas, como resultado de novas investigacións. Desde o ano 2016 o World Register of Marine Species (Rexistro Mundial de Especies Mariñas), coñecido polas siglas WoRMS, base de datos que inclúe unha exhaustiva lista de nomes de organismos mariños e é editado e mantido por científicos especialistas en cada grupo de organismos, que controlan a calidade da información, que é reunida desde varias bases de datos rexionais ou específicas por taxon, considera aos Elasmobranchii como unha clase da superclse dos gnatostomados, e que conta cunha única clase, a dos neoselaquios, que, á súa vez, inclúe unha única orde, a dos rinopristiformes.[4]
Os criterios da WoRMS son seguidos pola maioría dos ictiólogos como, por exemplo, os integrantes do Integrated Taxonomic Information System (ITIS) (Sistema Integrado de Información Taxonómica).[5]
Polo tanto, a clasificación actual (2020) dos elasmobranquios é a seguinte:[4]
- Reino Animalia
- Filo Chordata
- Subfilo Vertebrata
- Superclase Gnathostomata
- Clase Elasmobranchii
- Subclase Neoselachii
- Orde Rhinopristiformes
- Subclase Neoselachii
- Clase Elasmobranchii
- Superclase Gnathostomata
- Subfilo Vertebrata
- Filo Chordata
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Karatajüte, V. (1973): "Elegestolepis grossi ge. et sp. nov., ein neues typ der placoidschuppe aus dem oberen Silur der Tuwa". Palaeontographica Abteilung A 143: 35–50.
- ↑ Elasmobranchii Bonaparte, 1838 en BioLib.
- ↑ elasmobranch no Merriam-Webaster Dictionsry,
- ↑ 4,0 4,1 Elasmobranchii no WoRMS. Consultado o 10 de dembro de 2020.
- ↑ Elasmobranchii no ITIS. Consultado o 10 de dembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Elasmobranquios |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Elasmobranquios |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. St. Louis, Missouri, USA: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Compagno, Leonard & Sarah Fowler (2005): Collins Field Guide Sharks of the World. Collins. ISBN 978-0-0071-3610-0.
- Ebert, David A., Sarah L. Fowler & Leonard J. V. Compagno (2013): Sharks of the World. A Fully Illustrated Guide. Plymouth, UK: Wild Nature Press (Princeton University Press). ISBN 978-0-9573-9460-5.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Hoboken, New Jersey, USA: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-4712-5031-7.John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-4712-5031-7.
- Nelson, Joseph S.; Terry C. Grande & Mark V. H. Wilson (2016): Fishes of the World, 5th Edition. Hoboken, Nova Jersey, USA: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-1-1183-4233-6.
- VV. AA. (2005): "Peces cartilaginosos". Animal. La definitiva e impactante guía visual de la vida salvaje en nuestro planeta. Madrid: Pearson Educación, S. A. ISBN 84-2053-616-4.