[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Eladio Porto Bugallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEladio Porto Bugallo
Biografía
Nacemento1908 Editar o valor en Wikidata
Serantes, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de febreiro de 1937 Editar o valor en Wikidata (28/29 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteexecución extraxudicial, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmecánico de automóbiles, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 10150

Eladio Porto Bugallo, nado en Serantes (Leiro) cara a 1908 e finado en Ourense o 9 de febreiro de 1937, foi un mecánico e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mecánico en Serantes. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu. Foi detido nos montes próximos a Ribadavia a principios de 1937. Foi executado sen formación de causa no Campo de Aragón o 9 de febreiro de 1937.[1] Foi procesado na causa 1599/37 xunto con Ginés Alemparte Alén, Eugenio Collazo Álvarez, Miguel Crego Araujo, Luis Crispín Fernández, Antonio Fernández Díaz, Antonio González Díaz, Manuel Rodríguez, Jesús Romero e Benito Velerio Fernández.

  1. La Región, 11-2-1937, p. 4.