El espíritu del vino
El espíritu del vino | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Héroes del Silencio | ||||
Publicado | 27 de setembro de 1993 | |||
Estudio(s) | Gallery studio, Chertsey, Inglaterra | |||
Duración | 71:47 | |||
Xénero(s) | Hard rock | |||
Selo(s) | EMI | |||
Produtor | Phil Manzanera | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
El espíritu del vino é o terceiro álbum de estudio do grupo de rock español Héroes del Silencio, publicado no 1993. Foi producido novamente por Phil Manzanera, gravado nos estudios Gallery (Surrey, Chertsey, Londres), e mesturado en Metropolis Studios (Londres).
Características
[editar | editar a fonte]Quizais o disco máis exitoso da carreira de Héroes del Silencio, onde explotan a súa faceta máis rockeira, inspirándose no Rock & Roll dos anos 60 e 70, e marcando unha clara influencia do novo Hard Rock, grazas á revitalización do Rock de fala hispana. Aínda quedan algúns matices propios do Rock Gótico.
Ademais, a influencia de Phil Manzanera faise notar máis. Isto non significa que Manzanera lles impuxese coma debíase realiza-la gravación, senón que o traballo fluíu por si só, facéndose presentes as drogas e o exceso.
El espíritu del vino, foi un disco completamente afastado do obscurantismo de Senderos de traición, aínda tendo aspectos propios do rock sinistro. As letras tornáronse moito máis complexas, e é o disco polo que a crítica tachou a Enrique Bunbury de "matacans".
O título non é máis que a inspiración xurdida nun momento no que a agrupación atopábase en pleno estado de ebriedade. As letras son o claro reflexo diso, aínda que tamén, significa a ambigüidade do traballo, que pode pasar de ser brando, a se-lo máis duro e ríxido en canto a música e letras se refire.
Foi número un en España e alcanzou o número nove en Alemaña, o seu maior éxito alí. A presentación mundial do traballo fíxose en Berlín.
Contido
[editar | editar a fonte]Lista de cancións
[editar | editar a fonte]El espíritu del vino | |||
---|---|---|---|
Nº | Título | Duración | |
01 | "Nuestros nombres" | 05:56 | |
02 | "Tesoro" | 02:18 | |
03 | "Los placeres de la pobreza" | 04:19 | |
04 | "La herida" | 06:53 | |
05 | "La sirena varada" | 04:15 | |
06 | "La apariencia no es sincera" | 07:02 | |
07 | "Z" | 00:51 | |
08 | "Culpable" | 06:03 | |
09 | "El camino del exceso" | 05:35 | |
10 | "Flor de loto" | 06:14 | |
11 | "El refugio interior" | 01:34 | |
12 | "Sangre hirviendo" | 05:11 | |
13 | "Tumbas de sal" | 04:32 | |
14 | "Bendecida 2" | 00:36 | |
15 | "Bendecida" | 05:59 | |
16 | "La alacena" | 03:40 | |
17 | "Nuestros nombres (Versión Maxi)" | 09:26 |