Eifel
(de) Eifel | |||||
Tipo | low mountain range (en) cordilleira rexión xeográfica | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | Renania do Norte-Westfalia - Nordrhein-Westfalen, Alemaña, Renania-Palatinado - Rheinland-Pfalz, Alemaña, Bélxica e Luxemburgo | ||||
| |||||
Cordilleira | Rhenish Massif (en) | ||||
Comparte fronteira con | Kölner Bucht und Niederrheinisches Tiefland (en) Q1245137 | ||||
Características | |||||
Altitude | 747 m | ||||
Dimensións | 100 () km | ||||
Punto máis alto | Hohe Acht (en) (746,9 m ) | ||||
Material usado | rocha volcánica Lousa Calcaria cuarcita Arenita basalto | ||||
Superficie | 5.300 km² | ||||
O Eifel (AFI:ˈaɪ̯fl̩), (en luxemburgués Äifel) é unha cadea montañosa de escasa altitude e orixe volcánica situada, en case a súa totalidade, no oeste de Alemaña, ao sur de Colonia.
Ocupa partes dos Länder de Renania do Norte-Westfalia (o suroeste) e de Renania-Palatinado (o noroeste), e tamén o leste de Bélxica (onde están as comunidades de fala alemá deste país) e o leste de Luxemburgo.
Forma parte do Macizo Xistoso Renano, e na súa parte norte se encontra o Parque Nacional Eifel.
Características
[editar | editar a fonte]- Pertence á "Rexión cenozoica volcánica da Europa Central".
- A derradeira erupción volcánica producida na xona ocorreu contra 8 300 a.C. ± 300 anos.
- Divídese en tres zonas: Westeifel, Hocheifel e Osteifel.
- En moitos dos seus lugares pódense encontrar restos fósiles tanto de especies mariñas como de plantas.
Xeoloxía
[editar | editar a fonte]A pesar da interesante xeoloxía da rexión de Eifel, só se realizaron tres informes xeolóxicos completos:[1]
- En 1822, Johann Steiniger publicou o primeiro mapa xeolóxico da zona e, en 1853, a Geognostische Beschreibung der Eifel.[2]
- En 1915 Otto Follmann deu a luz un traballo que se sumou á comprensión científica nese momento, o Abriss der Geologie der Eifel ("Resume de xeoloxía do Eifel").[1][3]
- En 1986, Wilhelm Meyer, finalmente, publicou o volume Geologie der Eifel, cuxa cuarta edición, revisada, considérase hoxe o traballlo estándar sobre a xeoloxía do Eifel.[1][4]
Westeifel
[editar | editar a fonte]É a zona relativamente máis nova da rexión e posúe moitos conos volcánicos, maares[5] e estratovolcáns pequenos. Ocupa unha superficie de 600 km2, situándose a uns 50 km da cidade de Ormont. Hai moitos fluxos de lava orixinados a partir de conos volcánicos e tamén se poden encontrar aneis de rocha calcaria volcánica. Nesta zona houbo moitas erupcións volcánicas durante o final do plistoceno, tendo a súa última erupción no agora maar Pulvermaar. É posíbel que no futuro poidan volver a activarse os volcáns da zona.[6]
Hocheifel
[editar | editar a fonte]Data do terciario, cando ocorreron as primeiras erupciones volcánicas. Está constituído por sete estratovolcáns, entre eles o Hohe Acht duns 747 m de altura. Pódense encontrar varias capas de cinzas e fluxos de lava, sendo o basalto a rocha dominante. Houbo máis de 300 erupcións volcánicas, o que fai pensar que debaixo da zona hai, ou houbo, unha inmensa cámara magmática que abastecía a moitos volcáns.
Osteifel
[editar | editar a fonte]É a zona onde houbo máis actividadl. Alí encóntrase o lago Laach, un lago volcánico rodeado de conos e estratovolcáns menores. Determinouse que existiron tres fases de erupcións na zona, e ao parecer, empezaron a nacer volcáns en forma caótica. Isto ocorreu durante a última glaciación, cando os humanos aínda non chegaran a esta zona. Porén, é posíbel que igualmente puideran sentir os seus efectos, xa que sen dúbida os volcáns puideron estender as súas cinzas por toda Europa.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A Fraubillenkreuz é un menhir de 5000 anos de antigüidade que foi tallado en forma de cruz a principios da Idade Media. Na rexión está o acueduto de Eifel, un dos máis longos acuedutos do imperio Romano, que subministraba auga á cidade de Colonia.
Turisno
[editar | editar a fonte]De fácil acceso, case toda a rexión pode percorrerse en bicicleta. Con apoio da Unión Europea, antigas vías de ferrocarril transformáronse en ciclovías.
Protección ambiental
[editar | editar a fonte]Desde 2004, 110 km2 da parte norte da rexión do Eifel están protexidas e incluídas no Parque Nacional Eifel.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Stephan Marks, Schriftenschau, "Geologie der Eifel", en Mitteilungen des Verbandes der deutschen Höhlen- und Karstforscher e. V. 2015/01 Arquivado 28 de xullo de 2017 en Wayback Machine.; páx. 24.
- ↑ Johann Steiniger (1853): Geognostische Beschreibung der Eifel. Verlag: Lintz, Trier. (Resume en alemán).
- ↑ Otto Follmann (1915): Abriss der Geologie der Eifel. Berlin: Westermann.
- ↑ Wilhelm Meyer (2013): Geologie der Eifel, 4ª edición totalmente revisada. Stuttgart: Schweizerbart. ISBN 978-3-5106-5279-2.
- ↑ Un maar é un cráter volcánico largo e baixo, producido por unha erupción freático-magmática, é dicir, unha explosión causada por auga subterránea que entra en contacto con lava quente ou magma.
- ↑ Clifford Embleton & Christine Embleton-Hamann (1997): Geomorphological hazards of Europe. Elsevier. ISBN 0-4448-8824-1. (Ler en liña).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eifel |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Historia do distrito de Eifel (en inglés).
- Explicación de Westeifel Arquivado 30 de decembro de 2006 en Wayback Machine. (en inglés).