[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Eficiencia de Pareto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O óptimo de Pareto ou eficiencia de Pareto é un concepto introducido polo economista italiano Vilfredo Pareto. Este concepto aplícase á teoría dos xogos e as ciencias sociais. En xeral, atopamos situacións de óptimo de Pareto en problemas de toma de decisión con varios criterios e en problemas de optimitzación.

Dende un punto de vista económico, Dise que unha situación é óptimo de Pareto (ou eficiente no sentido de Pareto) cando non é posible que ninguén obteña unha ganancia superior sen provocar que alguén perda.

As situacións eficientes de Pareto representan un primeiro punto de equilibrio en toda situación económica: en efecto, nunha situación que non é eficiente no sentido de Pareto sempre hai polo menos un dos actores que pode obter unha ganancia superior sen que isto prexudique a ninguén, e polo tanto tenderá a obter esta ganancia, posto que o pode obter sen ter que vencer ningunha resistencia por parte dos outros, polo menos a priori.

En xeral, considérase que toda situación que non sexa óptimo de Pareto representa un uso incompleto dos recursos dispoñibles.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.