[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Efeméride

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Efemérides»)

Efeméride significa, en latín, "memorial diario", "calendario" (ephemeris, ìdis) ou, en grego, "de cada día" (ephémerís, îdos). A palabra efémero/a ("que dura un día") ten a mesma etimoloxía.

Efemérides cronolóxicas

[editar | editar a fonte]

Unha efeméride é un feito relevante escrito para ser lembrado ou conmemorado nun certo día, ou unha sucesión cronolóxica de datas e os seus respectivos acontecementos. Así, na prensa escrita resulta xa habitual incluír unha sección que, baixo o título efemérides, recolle distintos acontecementos importantes ocorridos nesa mesma data ó longo da historia.

Efemérides astrolóxicas e astronómicas

[editar | editar a fonte]

Na forma plural, efemérides, é o termo usado por magos, astrólogos e monarcas para anunciaren tanto as ocorrencias dalgúns acontecementos celestiais, como as eclipses e cometas, como para como escoller a posición dos astros para sinaturas e tratados imperiais segundo a posición dos astros de cada día, normalmente encontrados nun conxunto de táboas denominadas hoxe efemérides astronómicas, e que indican a posición dos astros para cada día do ano.

En astronomía, unha efeméride é un suceso astronómico puntual no tempo: poden ser eclipses, aliñamentos, oposicións planetarias, equinoccios ou solsticios, apoxeos e perixeos, impactos, etc.