Edmundo Bal
(2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xullo de 1967 (57 anos) Huelva, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Representa: Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía 3 de decembro de 2019 – Lexislatura: XIV lexislatura do Congreso de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
21 de maio de 2019 – 3 de decembro de 2019 Lexislatura: XIII Congreso de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | xurista, político, avogado do estado |
Partido político | Cree (pt) |
Membro de | |
Participou en | |
26 de outubro de 2020 | quinto aniversario de El Español |
Edmundo Bal Francés, nado en Huelva o 2 de xullo de 1967 é un político e avogado español, membro do Congreso dos Deputados por Cidadáns en representación de Madrid.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Aínda que naceu en Huelva, estudou no colexio Nuestra Señora del Buen Consejo, no barrio da Cidade Universitaria de Madrid. Posteriormente, licenciouse en Dereito na Universidade Complutense de Madrid.[2]
Avogacía do Estado
[editar | editar a fonte]En 1993, con 26 anos, conseguiu unha praza como avogado do Estado e exerceu como tal en Huesca, Zaragoza e, finalmente, Madrid.
A principios de 2017, como responsable penal da Avogacía do Estado, tivo un importante papel na denuncia de Facenda por delito fiscal contra varios futbolistas da Liga española como Lionel Messi, Cristiano Ronaldo, Radamel Falcao, Ángel Di María, Luka Modrić e José Mourinho. Nos casos de Messi e Xabi Alonso, a fiscalía no apreciara delito e foron denunciados pola avogacía. Tamén participou nas causas contra Jordi Pujol e sobre a trama Gürtel.
Durante varios anos presidiu a Asociación de Avogados do Estado.
Actuación no Procés
[editar | editar a fonte]En decembro de 2018, a directora de servizo xurídico do estado, Consuelo Castro, substituíu a Edmundo Bal por Rosa María Seoane, que naquel momento era secretaria xeral de Adif, como representante no xuízo ao proceso independentista catalán. Aínda que se xustificou como "perda de confianza",[3] a substitución fíxose despois de que Bal se negase a omitir a violencia do delito de sedición. A falta de violencia implicaba que as penas pedidas para Oriol Junqueras pasaban de 25 anos a 12 anos. Edmundo Bal negouse a deixar de recoller nos escritos de acusación os feitos que implicaban violencia. Trala súa destitución declarou "Sabes que pasa? Que non soporto as presións dos políticos aos funcionarios públicos que só queren facer o seu traballo. Non soporto a mentira".[4]
Chegada á política
[editar | editar a fonte]En marzo de 2019, o entón líder de Cidadáns, Albert Rivera, anunciou a fichaxe de Bal para as eleccións xerais de abril de 2019.[3] Durante a campaña electoral presentábase como o cesado, facendo referencia ao seu cesamento como avogado do Estado.[5] Nas posteriores eleccións de novembro do mesmo ano non resultou elixido en primeira instancia, pero acabou obtendo un escano por Madrid trala renuncia de Rivera.[6] Posteriormente foi nomeado portavoz adxunto do grupo parlamentario de Cidadáns no Congreso, exercendo como portavoz principal durante a baixa maternal de Inés Arrimadas.[7]
En marzo de 2021, anunciou que se presentaba ás primarias para ser cabeza de lista de Cidadáns nas eleccións autonómicas de Madrid, co apoio do ata entón vicepresidente da comunidade, Ignacio Aguado.[8] O 22 de marzo gañou as primarias cun 89,43 % dos votos.[9] Con todo, Bal non conseguiu ser elixido deputado ao non alcanzar Cidadáns o 5 % dos votos, mínimo necesario para entrar na repartición de escanos.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha de diputado".
- ↑ "Edmundo Bal Francés". cope.es (en castelán). Consultado o 6 de maio de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 EFE (17 de marzo de 2019). "Ciudadanos ficha al abogado del Estado cesado por el Gobierno de Sánchez por el 1-O". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 6 de maio de 2021.
- ↑ EP/Redacción (30 de marzo de 2021). ""Soy Bal, Edmundo Bal": el candidato de Cs a las elecciones de Madrid se presenta al más puro estilo James Bond". 20minutos.es (en castelán). Consultado o 6 de maio de 2021.
- ↑ García de Blas, Elsa (16 de setembro de 2019). "“Desde el punto de vista jurídico, no fue un golpe de Estado”". elpais.com (en castelán). Consultado o 6 de maio de 2021.
- ↑ Redacción (11 de novembro de 2019). "Bal sustituirá a Rivera en el Congreso pero otros pesos pesados de Ciudadanos quedan fuera del hemiciclo". elpais.com (en castelán). Consultado o 6 de maio de 2021.
- ↑ García de Blas, Elsa (11 de maio de 2020). "Edmundo Bal y Melisa Rodríguez serán portavoces de Cs durante el permiso de maternidad de Arrimadas". elpais.com (en castelán). Consultado o 6 de maio de 2021.
- ↑ Mateo, Juan José; García de Blas, Elsa (18 de marzo de 2021). "Edmundo Bal se postula como candidato de Cs en Madrid tras la renuncia de Ignacio Aguado". elpais.com (en castelán). Consultado o 6 de maio de 2021.
- ↑ Axencias (22 de marzo de 2021). "Edmundo Bal gana las primarias con el 89,43% de los apoyos y será el candidato de Cs en Madrid". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 6 de maio de 2021.
- ↑ García de Blas, Elsa (5 de maio de 2021). "Ciudadanos se acerca al abismo tras perder la representación en Madrid". elpais.com (en castelán). Consultado o 6 de maio de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Edmundo Bal |