Edith Joan Lyttleton
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de decembro de 1873 Epping Forest, Australia |
Morte | 10 de marzo de 1945 (71 anos) Londres, Reino Unido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Nova Zelandia Reino Unido |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Pseudónimo literario | G. B. Lancaster |
Lingua | Lingua inglesa |
Edith Joan Lyttelton, nada en Epping[1] (Tasmania) o 18 de decembro de 1873 e finada en Londres o 10 de marzo de 1945[2], foi unha escritora de Australasia, coñecida co pseudónimo literario de G. B. Lancaster.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Clyne Vale, unha granxa familiar de ovellas. En 1879 a súa familia mudouse a outra granxa en Rakaia, Canterbury (Nova Zelandia). Foi a autora máis lida no seu país a comezos do século XX. Escribiu sobre a formación da identidade colonial e o legado do imperialismo nas vidas dos colonos e os seus descendentes. Os seus escenarios foron Australia, Canadá e Nova Zelandia. Foi influenciada por Rudyard Kipling e Robert Louis Stevenson.
En 1909 mudouse de Nova Zelandia a Londres. O seu primeiro grande éxito foi The Law-bringers (1913), levada ao cinema en Hollywood co título de The Altar Stairs. Pageant (1933) estivo nas listas das obras máis vendidas nos Estados Unidos, e con esta obra gañou a Medalla de Ouro da Australian Literary Society.[3]
Novelas
[editar | editar a fonte]- Sons O' Man (1904)
- The Spur to Smite (1905)
- The Tracks We Tread (1907)
- The Altar Stairs (1907)
- Jim of the Ranges (1910)
- The Honorable Peggy (1911)
- The Law-Bringers (1913)
- Food Divine (1917)
- The Savignys (1918)
- Pageant (1933)
- The World is Yours (1933)
- Promenade (1938)
- Grand Parade (1943)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Terry Sturm. "Lyttleton, Edith Joan". Te Ara. The enciclopedy of New Zealand (publicado en 1996 en Dictionary of New Zealand Biography) (en inglés).
- ↑ "Deaths". The Times (en inglés) (Londres). 13 de marzo de 1945. p. 1.
- ↑ "Australian Literature: Society's Annual 'Drama Night'". The Age (en inglés). 6 de outubro de 1934. p. 21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- King, Michael (2003). The Penguin History of New Zealand. p. 321. ISBN 0-14-301867-1.