[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Edil curul

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roma
Monarquía
República
Imperio
Principado Dominado
Imperio de Occidente Imperio de Oriente
Maxistrados Ordinarios:
Maxistrados Extraordinarios:
Oficiais e Títulos:
Institucións e normas:
A Toga praetexta era unha vestimenta honorífica propia dos Edís curules

O edil curul (en latínaedilis) era unha maxistratura da antiga Roma.

Xurdiron durante a República romana, inicialmente para organizar algunhas celebracións. Foi un cargo ao que podían optar os patricios e os plebeos, nacido a imaxe dos edís plebeos, que foron anteriores, e que levan o adxectivo de curul pola cadeira de marfil na que tiñan dereito a se sentar para exerce-las súas funcións[1]. As súas competencias principais eran tres:

  • Cura urbis. Labor de policía e de matemento da orde pública.
  • Cura ludorum. Organización dos xogos e das festas públicas.
  • Cura annonae. Controlar o abastecemento de cereais e os prezos, e dos pesos e medidas. Tamén inspeccionaban o mercado de escravos e gandos.
  • Outras competencias: a imposición de multas en virtude da coercitio, pero estaban sometidos a la provocatio ad populum perante os comicios por tribos; tamén tiñan xurisdición civil e criminal e a capacidade de resolver os preitos menores relacionados co comercio, sobre todo dos contratos de compraventa de animais e escravos nos negocios das prazas dos mercados,[2] sempre baixo a supervisión do Pretor urbano; e levar a cabo unha regulación en materias de vicios ocultos.

Era un chanzo do cursus honorum ou carreira política, ocupando un lugar intermendio entre o pretor e o cuestor[3] e eran designados polos Comicios Tribunados. Plutarco explica a elección dos edís e sinala que os edís curules toman o seu nome da cadeira curul ou sella curulis:

Despois do Tribunado presentouse a pedir a Edilidade maior, porque hai dúas ordes de edís: unha, que toma o nome das cadeiras con pés curvos en que estes maxistrados sentan para despachar, e a outra, inferior, que se chama plebeo. Noméanse primeiro os de maior dignidade, e despois pásase a votar os outros.

Entre as diferentes características e beneficios outorgados aos edís atópanse numerosos poderes e atribucións. Os edís curules tiñan distintos privilexios como o de poder sentar na sella curulis, ou vestir a toga praetexta. Posuían, ademais, o Ius Imaginum ou dereito de gardar en casa as estatuas dos antepasados ilustres. Tiñan en exclusiva o Ius Edicendi, é dicir, o dereito a promulgar edictos -edicta-.

No entanto, as diferenzas entre Curules e non Curules fóronse acurtando e, si xa de por si é difícil distinguir entre as funcións dos edís das doutros maxistrados, aínda máis complicado é distinguir entre as función ou tarefas dos edís plebeos e dos curules. De tódolos xeitos, hai constancia de que había xogos e festividades asociadas especificamente a un tipo de edil. Por exemplo os Xogos Plebeos -Ludi Plebeii- eran administrados exclusivamente polos edís plebeos mentres que os Ludi Magni, Ludi Scenici e os Ludi Megalenses polos curules.[4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aparece no 367 a.C[5], creada ao mesmo tempo que a pretura[6], como unha maxistratura de 2 persoas reservada só para patricios, aínda que 3 anos despois foron admitidos tamén os plebeos[3]. Dende ese momento, exerceron a maxistratura alternativamente patricios e plebeos; posteriormente a designación foi independente da clase mais no 541 ab urbe condita (212 a.C) volveuse á súa designación alternativa (patricios nos anos impares e plebeos nos anos pares). Máis tarde asumiron funcións policiais, sanitarias, morais, abastecementos, mercados, prezos, calidade, e organización de xogos.

Orixinalmente, esta maxistratura duraba un ano, para posteriormente pasar a ser cuatrianual e, na época de Xulio César, chegou a durar 6 anos[3].

Os edís quedaron moi postergados durante o Imperio do mesmo xeito que sucedeu con moitos outros cargos orixinados na República. Así, Augusto desposuíunos de varias atribucións, asignándolles varios dos seus labores a maxistrados de menor rango pero especializados nas devanditas tarefas. No entanto, este emperador conferiría aos curules novas misións, como a de apagar lumes, para o que lles dotou dun exército de 600 escravos. Non moito máis tarde esa misión pasaría a encomendarse ao Praefectus Vigilum. O cargo de edil extinguiuse definitivamente no século III, baixo o mandato de Alexandre Severo[7].

  1. Middleton (1790), p. 93
  2. Betancort (2007), p. 68
  3. 3,0 3,1 3,2 "Enciclopedia jurídica". Consultado o 18-04-2017. 
  4. Vázquez Hoys, Ana Mª. "INSTITUCIONES POLÍTICAS DE LA REPÚBLICA ROMANA". uned.es. Arquivado dende o orixinal o 22-10-2020. Consultado o 24-05-2019. 
  5. "República romana". universojus.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26-04-2017. Consultado o 18-04-2017. 
  6. "Concepto de curul". deconceptos.com (en castelán). Consultado o 18-04-2017. 
  7. "República romana". universojus.com (en castelán). Consultado o 18-04-2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]