Eduardo Pardo de Guevara
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Eduardo Pardo de Guevara y Valdés 14 de setembro de 1952 (72 anos) Ponteceso, España |
Profesor de investigación do CSIC | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | mestre, historiador |
Empregador | Consello Superior de Investigacións Científicas Universidade Complutense de Madrid |
Membro de | |
Eduardo José Pardo de Guevara y Valdés, nado o 14 de setembro de 1952 en Ponteceso, é un historiador galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou en Guadalaxara e Xaén e doutorouse en 1984 en Historia Medieval pola Universidade Complutense de Madrid.[1]
Foi profesor de investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas, director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (1994-2022) e director de Cuadernos de Estudios Gallegos,[2]. Actualmente é Científico vinculado ad honorem do IEGPS e vicepresidente da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, membro do Consello da Cultura Galega,[3] membro da Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía[4] e académico correspondente desde 1993 da Real Academia da Historia pola provincia de Lugo.[5]
A súa bibliografía é abondosa.[2][4] Inclúen artigos seus, entre outras publicacións, o Boletín da Real Academia Galega, os Cuadernos de Estudios Gallegos, Murguía: Revista Galega de Historia, El Museo de Pontevedra, Eduga: Revista Galega do Ensino e o Anuario Brigantino.[6]
É membro do corpo da Nobreza do Antigo Reino de Galicia.
En 2023 concedéronlle o Premio Cultura Galega ás Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural.[7]
Obra publicada
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xornal ABC do 24 de setembro de 1984 (en castelán).
- ↑ 2,0 2,1 Eduardo J. Pardo de Guevara y Valdés Arquivado 15 de xullo de 2013 en Wayback Machine. na páxina do Consello Superior de Investigacións Científicas.
- ↑ Seccións e Comisións Técnicas do Consello da Cultura Galega.
- ↑ 4,0 4,1 "Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2014. Consultado o 22 de xullo de 2014.
- ↑ "Académicos correspondentes da Real Academia de la Historia". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2009. Consultado o 22 de xullo de 2014.
- ↑ Eduardo Pardo de Guevara y Valdés en Dialnet.
- ↑ Os Premios da Cultura Galega recoñecen Yolanda Castaño e Ponte... nas Ondas!
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 64.
- "Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.