Eduardo Andicoberry
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1888 Erandio, España |
Morte | 5 de xaneiro de 1948 (59/60 anos) Tetuán, Marrocos |
Gobernador civil da provincia de Lugo | |
19 de decembro de 1933 – 27 de xuño de 1934 | |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor, político |
Eduardo Andicoberry Ruiz, nado en Erandio (Biscaia) en 1888 e finado en Tetuán o 5 de xaneiro de 1948[1], foi un xornalista, escritor e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Criado e educado entre Sevilla e Cádiz, onde o seu pai xestionaba unha compañía comercial dedicada á exportación, principalmente de viños de Xerez. Pertenceu á Juventud do Partido Republicano Radical en Cádiz e foi redactor de El Radical Gaditano en 1908. Traballou en España Nueva, El Radical de Madrid, El Mundo, Semanario El Momento e dende 1919 foi redactor de El Imparcial até a súa desaparición definitiva en 1933 (do que foi o seu último director).
Coa proclamación da Segunda República foi candidato do Partido Radical pola provincia de Xaén nas eleccións a deputados de 1931, non resultando elixido. En 1932 foi nomeado secretario do Comité Nacional do Partido Radical. Logo do triunfo da coalición antimarxista, na que estaba integrado o PRR nas eleccións de decembro de 1933, foi nomeado gobernador civil de Lugo o 20 de decembro de 1933, permanecendo no cargo até o 28 de xuño de 1934, cando foi cesado por diferenzas co seu partido. Abandonou a política, o xornalismo e a literatura. En 1936 traballaba como operario nunha fábrica de gasosas.
Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido en Madrid e posto a disposición dos Tribunales Populares de Urgencia por presunta desafección á República. Pasou un tempo na prisión de Porlier e foi finalmente posto en liberdade grazas ás testemuñas exculpatorias de significados dirixentes republicanos. No franquismo foi xefe de redacción na Xefatura de prensa do Protectorado Español de Marrocos.
Obras
[editar | editar a fonte]- Lo que queda.
- Más que hembras, 1913.
- La felicidad, 1915.
- No son tan complejas, 1916.
- El horror del silencio, 1916.
- Tragedia sin sangre, 1917.
- El crimen de ser padre, 1918.
- La verdad de las cosas, 1923.
- Tartarín en Madrid, 1930.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en ABC
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Serrallonga i Urquidi, Joan (2007). "El aparato provincial durante la Segunda República. Los gobernadores civiles, 1931-1939" (PDF). Hispania Nova (7). Consultado o 5 de outubro de 2014.