[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Economía de Nova Zelandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Nova Zelandia
Moeda Dólar neozelandés
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, OCDE, APEC
Datos estatísticos[1]
PIB 119,2 mil millóns (2010)
Posición do PIB 63ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 2,1% (2010)
PIB per cápita $ 28.000 (2010)
PIB por sector agricultura 4,6%, industria 24%, comercio e servizos 71,4% (2010)
Inflación 2,6% (2010)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 2,32 millóns (2010)
Forza de traballo por sector agricultura 7%, industria 19%, comercio e servizos 74% (2006)
Desemprego 6,5%% (2010)
Industrias procesamento de alimentos, produtos de madeira e papel, téxtiles, máquinas, equipamentos de transporte, minería
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 33,24 mil millóns (2010)
Produtos de exportación produtos granxeiros, carne, madeira e derivados, peixe, máquinas
Principais mercados Australia 23,36%, Estados Unidos 9,64%, República Popular da China 9,21%, Xapón 7,1%, Reino Unido 4,21% (2009)
Importacións 30,24 mil millóns (2010)
Principais produtos importados máquinas e equipamentos, vehículos e aeronaves, petróleo, electrónicos, téxtiles, plásticos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 64,33 mil millóns(2010)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

Durante os últimos vinte anos[cando?] o goberno transformou a Nova Zelandia dunha economía agraria e dependente do mercado británico nunha economía de mercado máis industrializada que pode competir globalmente. Nova Zelandia encádrase entre os países desenvolvidos, cun PIB estimado no 2010 en 119,6 mil millóns de dólares estadounidenses[1]. O país conta cun alto nivel de vida, cun PIB per capita estimado de US$ 28.000. Tamén foi clasificado, no ano 2006, no posto vixésimo no Índice de Desenvolvemento Humano que elabora a Organización das Nacións Unidas.

Un dos principais produtos que exporta o país é o kiwi. Ademais destínase unha ampla superficie a pastos para obter produtos como carne, lácteos e la, vendidos tanto a nivel mundial como ao seu principal socio comercial Australia. Con máis de dez millóns de cabezas de gando vacún, o sector agrario emprega ao 10% da poboación activa e contribúe nun 8% ao produto interno bruto.

A principios da década dos 70, a adhesión do Reino Unido á Comunidade Económica Europea contribuíu a que se producise un estancamento da economía neozelandesa, que tivo que orientarse cara a países de América Latina e o Xapón.