Economía de Montenegro
Economía de Montenegro | |
---|---|
Moeda | Euro |
Organizacións comerciais de que fai parte | OMC, CEFTA, OSCE |
Datos estatísticos[1] | |
PIB | 7 288 millóns (2012) |
Posición do PIB | 157ª no mundo[2] |
Crecemento do PIB | 0,2% (2012) |
PIB per cápita | 11 700 (2012) |
PIB por sector | agricultura 0,8%, industria 11,3%, comercio e servizos 87,9% (2011) |
Inflación | 3% (2011) |
Poboación abaixo da limiar de pobreza | dato non dispoñíbel |
Total da forza de traballo | 251.300 (2011) |
Forza de traballo por sector | agricultura 6,3%, industria 20,9%, comercio e servizos 72,8% (2011) |
Desemprego | 11,5%% (2011) |
Industrias | {{{Industrias}}} |
Parcerías comerciais[1] | |
Exportacións | US$640 millóns (2011) |
Produtos de exportación | |
Principais mercados | Serbia 17,5%, Hungría 16,9%, Croacia 10,1% (2011) |
Importacións | US$ 2 500 millóns (2011) |
Principais produtos importados | |
Principais mercados | Serbia 28,4%, Grecia 7,9%, Bosnia e Hercegovina 7,6% (2011) (2011) |
Finanzas públicas[1] | |
Débeda externa | 1,2 mil millóns (2011) |
Ingresos | dato non dispoñible |
Gastos | dato non dispoñible |
Durante a época baixo dominio iugoslavo, Montenegro experimentou unha rápida urbanización e industrialización baseada na industria de xeración eléctrica, na industria mineira do (metal, aluminio e carbón), na industria forestal e na industria téxtil. A isto sumouse posteriormente a produción de tabaco e o turismo, este último principalmente durante fináis dos anos 80.
Co crebe da antiga Iugoslavia, Montenegro perdeu gran parte do seu mercado. O progreso económico detívose do mesmo xeito que o programa de privatizacións, durante 1989. En maio de 1992, as sancións impostas pola ONU produto das Guerras Iugoslavas agravaron a crise converténdoa na peor desde a segunda guerra mundial. En 1993, dous terzos da poboación montenegrina estaba baixo a liña da pobreza e a comezos de 1994 o país acadou a segunda máis alta inflación na historia, superior ao 3 millóns por cento. Estímase na actualidade que as perdas xeradas polo embargo durante eses anos equivalen a 6.390 millóns de dólares.
Debido á súa favorable localización xeográfica xunto ao mar Adriático e conectado con Albania a través do lago Skadar, Montenegro converteuse nun centro de contrabando. Posto que a totalidade da produción industrial montenegrina detívose, a principal actividade económica da república foi o contrabando de bens materiais, especialmente petróleo e tabaco. Soamente en 1997, a economía de Montenegro logrou estabilizarse: o marco alemán foi introducido como moeda oficial para evitar a inflación e o goberno montenegrino esixiu máis autonomía para as súas políticas económicas as que serían establecidas coa formación da Unión de Serbia e Montenegro en 2002. Desde ese momento, o goberno de Montenegro estableceu fortes políticas para a melloría da economía, especialmente axilizando o proceso de privatizacións, introducindo o IVE e o euro coma moeda oficial (malia que o país non é membro oficial da Eurozona)
Na actualidade, Montenegro é un dos países máis pobres do continente cun PIB de 3.800 dólares, pero durante os últimos anos producíronse importantes melloras. Apenas o 12,2% da poboación está baixo a liña da pobreza e a cesantía caeu do 27,7% de 2005 ao 16,4% en xullo de 2006, mentres a inflación mantense preto do 3%. O principal produto do país é o aluminio que é exportado a través de Suíza, destino do 83,9% das exportacións totais. As importacións, en tanto, cuadruplican o valor das exportacións e proveñen principalmente de Grecia, Italia, Alemaña e Bosnia e Hercegovina.
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2009. Consultado o 08 de febreiro de 2008.
- ↑ CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).