[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Economía de Cabo Verde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Cabo Verde
Moeda Escudo caboverdiano
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Africana
Datos estatísticos[1]
PIB 1 861 millóns (2010)
Posición do PIB 186ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 4,5% (2010)
PIB per cápita $ 3.700 (2010)
PIB por sector agricultura 9%, industria 16,2%, comercio e servizos 74,8% (2010)
Inflación 2,5% (2010)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 196.100 (2007)
Forza de traballo por sector dato non dispoñíbel
Desemprego 21% (2010)
Industrias alimentos e bebidas, procesamento de peixe, zapatos e roupas, extracción de sal, reparación de barcos
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 114 millóns (2010)
Produtos de exportación combustibles, calzados, roupas, peixe, peles
Principais mercados España 53,98%, Portugal 22,23%, Marrocos 7,13% (2009)
Importacións 858 millóns (2010)
Principais produtos importados alimentos, produtos industriais, equipamentos de transporte, combustíveis
Principais mercados Portugal 44,86%, Países Baixos 15,51%, España 6,1%, Italia 4,46%, Brasil 4,21% (2009)
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 325 millóns (2002)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

O arquipélago de Cabo Verde ten escasos recursos naturais, incluíndo auga, que é agravada polas prolongadas secas. A economía é baseada en servizos, co turismo, o transporte e os servizos públicos respondendo por 3/4 do produto interno bruto[1]. Malia case 70% da poboación vivir na zona rural, a agricultura e a gandería son pouco desenvolvidas e teñen pequena participación no PIB. Preto de 82% dos alimentos teñen que ser importados. O potencial da pesca, principalmente lagosta e atún non é completamente explorado[1].

O país ten anualmente un gran déficit comercial, financiado pola axuda internacional e polos moitos emigrantes esparcidos polo mundo, que contribúen con remesas financeiras que complementan o PIB en máis do 20%. O turismo é outra fonte de receitas importante, contribuíndo con máis do 10% dos 820 millóns de Euros do PIB de Cabo Verde o ano de 2005[3].

A pesar da escaseza de recursos, unha eficiente xestión da economía produciu unha mellora das receitas do país. Reformas económicas continuadas estimularon o sector privado e atraído investimento estranxeiro para diversificar a economía. As perspectivas futuras dependen enormemente do mantemento dos fluxos de axuda, do estímulo ao turismo, ás remisións dos emigrantes e ao resultado dos programas de desenvolvemento do goberno. O país fíxose membro da Organización Mundial do Comercio en xullo de 2008[1].

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 The World Factbook. Consultado o 4 de abril de 2011
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés). 
  3. INE 2005