[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Eat the Elephant

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eat the Elephant
Álbum de A Perfect Circle
Publicado20 de abril de 2018
Gravación2010 - 2018
Duración57:07
Xénero(s)rock progresivo, rock atmosférica, hard rock
Selo(s)BMG
ProdutorDave Sardy, Billy Howerdel, Maynard James Keenan
Cronoloxía
A Perfect Circle Live: Featuring Stone and Echo
(2013)
Eat the Elephant -
Na rede
Discogs: 1347808 Allmusic: mw0003147185 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Eat the Elephant é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo A Perfect Circle, publicado o 20 de abril de 2018 a través do selo BMG. Trátase do seu primeiro álbum en catorce antos, dende o Emotive de 2004. Aínda que os primeiros traballos co novo material remóntanse ata 2008, anos de progreso lento debido a problemas entre os dous principais compositores da banda, o líder Maynard James Keenan e o guitarrista Billy Howerdel, en boa medida derivados dos seus compromisos con outros proxectos e a incapacidade de chegar a un acordo sobre a dirección que tomar coa banda.

Un enfoque renovado, xunto coa axuda do produtor Dave Sardy, axudou á banda a realizar sesións moito máis produtivas ao longo de 2017, sendo o álbum completado a principios de 2018. Tematicamante, o álbum cobre distintas visións de Keenan sobre a sociedade moderna, a relixión e temas políticos, centrándose na súa percibida falta de responsabilidade na humanidade. Musicalmente, o álbum foi visto como unha extensión e madurez do seu son rock, engadindo máis piano e elementos electrónicos nas cancións para conseguir un son máis suave que nos seus anteriores traballos.

Editáronse catro sinxelos como avance do disco, "The Doomed" en outubro de 2017, "Disillusioned" en xaneiro de 2018, "TalkTalk" en febreiro de 2018, e "So Long, and Thanks for All the Fish" en abril de 2018. En xeral o álbum foi ben recibido polos críticos, quien eloxiaron o álbum por ser un exitoso traballo de regreso, e a madurez no son da banda, aínda que algúns lamentaron a falta de máis cancións hard rock. O disco estreouse no número 3 da lista estadounidense Billboard 200, sendo o seu cuarto álbum en estrearse no top 4 da lista,[1] e no top 10 das listas de oito países.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

A Perfect Circle formouse inicialmente en 1999 cando o vocalista de Tool Maynard James Keenan, queimado polos problemas legais da banda a finais da década de 1990, ofreceuse a cantar sobre material que o entón técnico de guitarra Billy Howerdel estivera escribindo para os seus propios esforzos musicais.[2] Os dous, con outros músicos que ían rotándose, gravaron e editaron dous álbums que chegarían a ser platino nos Estados Unidos; Mer de Noms en 2000 e Thirteenth Step en 2003, antes de que comezasen a pensar en tomar unha pausa; Keenan regresou a Tool, e Howerdel comezou unha carreira en solitario.[3][4] Finalmente adiaron eses plans para gravar rapidamente un terceiro álbum de estudo, Emotive, unha colección de versións de temática política para coincidir coas eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2004.[5] Pouco despos do seu lanzamento, e sen realizar ningunha xira para promocionar o álbum, a banda entrou en hiato en 2005.[6]

Durante ese tempo, Keenan regresou a Tool para gravar e publicar 10,000 Days en 2006, e despois comezou a traballar no seu proxecto en solitario Puscifer a partir de 2007.[7] De xeito semellante, Howerdel comezou a traballar no seu propio álbum en solitario, Keep Telling Myself It's Alright, baixo o nome Ashes Divide, en 2008.[8] O destino da banda permaneceu incerto nesta época: Howerdel referíuse a ela como en "pausa ou terminada ata novo aviso" en outubro de 2005, Keenan dixo que estaba en "soporte vital" en abril de 2006, e no mes seguinte Howerdel comentou que estaba "terminada polo de agora" en maio de 2006.[9] A pesar diso, en 2008 tanto Keenan como Howerdel emitiron declaracións separadas de que a banda non estaba morta, engadindo Howerdel que poderían reformarse para traballar en material novo unha vez que rematase a xira de promoción do álbum de Ashes Divide.[10]

Composición e gravación

[editar | editar a fonte]

Primeiras sesións

[editar | editar a fonte]

En decembro de 2008, Keenan revelou por primeira vez que el e Howerdel comezaran a escribir material novo, pero que o imaxinaba como só un feixe de cancións, máis que un álbum completo.[11] Entre 2008 e 2010, Howerdel seguiría escribindo material e presentándollo a Keenan; as ideas aprobadas por Keenan consideraríanse como material para un futuro lanzamento de A Perfect Circle, mentres que as ideas que non lle interesaban quedaron para un posible traballo de Ashes Divide. Howerdel tiña pensado orixinalmente que a banda lanzaría un álbum en 2011 ou 2012.[12] Porén, durante ese período o progreso foi lento, con Howerdel sinalando que Keenan adoitaba responder de forma inesperada ás ideas das cancións, así que o lanzamento tivo que agardar.[12]

A banda declarou publicamente que o hiato remataría en xuño de 2010,[13] realizando un feixe de concertos ese ano, unha xira completa en 2011, e aparecendo nuns poucos festivais en 2013.[14] Aínda que a banda seguía traballando en música nova, a única canción completa que se terminou nese momento foi a canción "By and Down", que publicaron no álbum de grandes éxitos da banda Three Sixty, en 2013.[15] Ao promocionar os lanzamentos, Howerdel volveu falar sobre os lanzamentos futuros, afirmando que sentía que tiñan "o 75% da base do [próximo] disco de A Perfect Circle listo", aínda que admitiu que aínda estaban sen as letras nin as melodías vocais de Keenan, e aínda podían cambiar dependendo da reacción de Keenan ao material.[16] Howerdel observou que sentía que o material estaba completo e que Keenan só tiña que cantar sobre el, como o que tiña no álbum Mer De Noms, pero que Keenan pedíalle con frecuencia que reelaborase o material por completo, como fixo na elaboración do Thirteenth Step. Tamén admitiu que aínda non estaban de acordo sobre a forma de lanzamento; Keenan prefería edicións máis pequenas, mentres que Howerdel prefería o formato dun álbum completo.[16][17] Aínda que a banda publicou pouco en forma de actualizacións entre 2014 e 2016, Howerdel máis tarde contou que o álbum fora avanzando da mesma forma ata 2017:

"Ata agora estiven traballando só. Literalmente, estiven no meu cuarto sen ninguén máis traballando nestas cancións. Envío mesturas [a Keenan] nun servidor e el estivo traballando nelas no seu illamento. Despois xuntarémonos o mes que vén e combinaremos onde levamos estas ideas, despois meterémonos nunha sala e xuntarémonos coa banda, tocarémoas nun escenario en directo e miraremos que pasa co elemento humano que aparece na imaxe. Estou esperando algúns comentarios, algunhas das ideas de Maynard. Seguimos así dende hai anos. Estou quedando moi ansioso e curioso por ver onde está [Keenan] coas cousas. Agora mesmo, teño as cancións en forma de demos pero poden rematarse facilmente, pero está a mandarme por diferentes camiños e pediume que saque as tesoiras e que as corte en diferentes formas e que as pegue de novo nunha páxina. Podemos estar na mesma sala, pero resulta que nos comunicamos sobre a mesma canción só que en diferentes partes do país... así sempre fixemos os outros discos de APC. Escríboa eu mesmo e lévoa a un lugar no que xa non me avergonza, despois preséntoa. E entón Maynard adoita a escribir sobre ela. Despois, de novo, xuntamos a banda nunha sala de ensaio e traballamos".[18]

Howerdel observou máis tarde que as súas sesións de escritura de 2014 foron particularmente prolíficas, e onde inicialmente escribiu as iteracións orixinais da música dunha serie de cancións de Eat the Elephant que formaron a lista final de cancións.[19]

Sesións posteriores

[editar | editar a fonte]

Despois das sesións lentas e intermitentes durante anos, o traballo en serio no álbum comezou a finais de 2016, con Keenan libre dos seus compromisos con Tool, Puscifer, e a atarefada época da vendima para a elaboración do viño na súa bodega, Caduceus Cellars.[20] Púxose en contacto con Howerdel, que estaba dispoñible e entusiasmado con dedicar máis tempo á banda, polo que os dous comezaron a traballar de novo na música, comezando con 10-20 ideas que Howerdel acumulara.[21] O inicio oficial das últimas sesións comezou en febreiro de 2017.[12] Por primeira vez na historia da banda, comezaron a traballar cun produtor musical externo, Dave Sardy, para axudar ao proceso.[22] Sardy axudou a mellorar a eficiencia de Howerdel no estudio, incluíndo a xestión de equipos físicos e ficheiros dixitais de música, polo que puido centrarse máis unicamente na música que na autoprodución.[21] Fóra dalgún traballo inicial, Keenan e Howerdel raramente traballaban xuntos na mesma sala; Howerdel trabalabau con Sardy nun estudo, mentres que Keenan gravaba a voz no seu estudo en casa coa axuda do membro de Puscifer Mat Mitchel, cos dous grupos enviando o seu material dun lado a outro a través de Internet. A pesar disto, a banda mantivo o seu enfoque previo para compoñer música, con Howerdel compoñendo e facendo demos de ideas musicais e instrumentais, e Keenan escribindo melodías vocais e letras. Sardy axudou a Howerdel no seu enfoque de presentar música que atraese a Keenan.[21] Sardy tomaba cancións rexeitadas por Keenan, e silenciaba moitos dos elementos "ocupados" e "en capas" da canción, deixando só a súa melodía básica a rítmo de batería; presentárllelas a Keenan deste xeito permitiulle ver como escribiría a letra e a melodía da canción, permitíndolles reconstruír a canción despois.[21] Temas como "TalkTalk" pasaron por moitas encarnacións diferentes debido a este proceso, co tema pasando por compases e tempos radicalmente diferentes.[21]

O tema "Eat the Elephant" tamén pasou a través de varios cambios e iteracións, iniciándose orixinalmente como unha canción para a banda en solitario de Howerdel, Ashes Divide.[23] Howerdel tiña a canción medio completa cando foi contactado por Chester Bennington, líder de Linkin Park, que estaba traballando entón no álbum de 2017 One More Light, un lanzamento no que a banda decidiu co-escribir con moitos compositores e produtores musicais externos.[24] Bennington pediulle a Howerdel co-escribir unha canción en el para o disco, e Howerdel aceptou, sentindo que "Eat the Elephant", nese momento, era unha canción na que podía ver cantar a Bennington.[24] Os dous traballaron xuntos no tema, pero finalmente foi retirada de One More Light ao non axustarse ao son orientado ao pop cara ao que finalmente se mudou o álbum. Howerdel decidiu posteriormente considerala novamente para A Perfect Circle e traballou con Sardy para reelaborar a demo. Keenan escribiu posteriormente unha letras completamente novas e gravou as voces para o tema no álbum.[21][25][26]

As sesións de gravación dos temas para o álbum comezaron a mediados de 2017, ralentizáronse durante uns meses mentres a banda ía de xira por América do Norte, e reiniciáronse para un intenso período final a finais de 2017 e xaneiro de 2018.[21][27] En novembro, Howerdel informou de que tiñan 15 cancións que podían entrar no álbum, aínda que admitiu que as cousas cambiaban con frecuencia, con algúns temas, como "The Doomed", desenvolvéndose rapidamente de cero baseándose nunha pequena idea que lle presentou a Keenan.[27] O 8 de xaneiro de 2018 Howerdel anunciu que agardaba rematar a gravación do álbum en poucas semanas, dicindo que o proceso fora máis rápido do esperado, e que "certamente pasamos pola metade do camiño e diría que Maynard James Keenan probablemente estea máis adiante que eu musicalmente. Polo menos coas cancións rematadas. As cancións están aí, pero hai que arreglar algunhas cousas nelas".[28] Keenan cancelara os seus plans de Nadal de 2017 para quedar nos Ánxeles para seguir traballando no álbum debido ao progreso que estaban facendo; "The Contrarian", "Disillusioned" e "Eat the Elephant" foron todas escritas nun período de tempo especialmente produtivo de 36 horas. O último tema do disco, "Get the Lead Out", foi a derradeira canción en compoñerse e gravarse, a finais de 2017.[24] O álbum foi rematado e masterizado a finais de xaneiro de 2018.[21] Howerdel dixo que a meirande parte das cancións que conformarían finalmente o álbum foron escritas nos tres últimos anos.[21] Tamén aludiu a "unha chea de cancións que non chegaron" que "deixarían [a banda] aberta para o futuro".[21] Keenan tamén aludiu a moito material non utilizado para o álbum, aínda que considerou que nunca se publicarían porque "non hai nada neles que o inspire".

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Todas as letras escritas por Maynard James Keenan, toda a música composta por Billy Howerdel.

N.º Título Duración
1. "Eat the Elephant"   5:13
2. "Disillusioned"   5:53
3. "The Contrarian"   3:58
4. "The Doomed"   4:41
5. "So Long, and Thanks for All the Fish"   4:26
6. "TalkTalk"   4:15
7. "By and Down the River"   5:04
8. "Delicious"   3:49
9. "DLB"   2:06
10. "Hourglass"   5:14
11. "Feathers"   5:48
12. "Get the Lead Out"   6:40
57:07
  1. "A Perfect Circle Chart History". Billboard. Consultado o 2019-12-11. 
  2. "A Perfect Circle Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-03-30. 
  3. "Gold & Platinum". RIAA (en inglés). Consultado o 2024-03-30. 
  4. Blabbermouth (2004-03-29). "A PERFECT CIRCLE To Take Long Break After Spring Tour". BLABBERMOUTH.NET (en inglés). Consultado o 2024-03-30. 
  5. Blabbermouth (2004-10-14). "TOOL Gave MAYNARD JAMES KEENAN Time Off To Make New A PERFECT CIRCLE Album". BLABBERMOUTH.NET (en inglés). Consultado o 2024-03-30. 
  6. "A Perfect Circle return from hiatus, announce fall tour - News - Alternative Press". web.archive.org. 2017-10-13. Archived from the original on 13 de outubro de 2017. Consultado o 2024-03-30. 
  7. "Puscifer Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-03-30. 
  8. "Ashes Divide Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-03-30. 
  9. "Guitarist: 'A Perfect Circle Is Done For Now'". MTV News. 2008-02-18. Archived from the original on 18 de febreiro de 2008. Consultado o 2024-03-30. 
  10. Graff, Gary (2008-05-09). "Ashes Divide Takes To Road For First Tour". Billboard (en inglés). Consultado o 2024-03-30. 
  11. "BLABBERMOUTH.NET - New Music From A PERFECT CIRCLE On The Way?". web.archive.org. 2011-10-11. Archived from the original on 11 de outubro de 2011. Consultado o 2024-03-30. 
  12. 12,0 12,1 12,2 Wiederhorn, Jon (2018-03-30). "How the Stars Aligned for A Perfect Circle and Their New Album, 'Eat the Elephant'". guitarworld (en inglés). Consultado o 2024-03-30. 
  13. Blabbermouth (2010-06-18). "A PERFECT CIRCLE Is Coming Around Again". BLABBERMOUTH.NET (en inglés). Consultado o 2024-03-30. 
  14. "Josh Freese quits Soundwave Festival headliners A Perfect Circle". web.archive.org. 2018-02-16. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2018. Consultado o 2024-03-30. 
  15. Blabbermouth (2013-10-14). "A PERFECT CIRCLE: New Song 'By And Down' Available For Streaming". BLABBERMOUTH.NET (en inglés). Consultado o 2024-03-30. 
  16. 16,0 16,1 "AlternativeNation.net Interview With Billy Howerdel, A Perfect Circle Guitarist". AlternativeNation.net. 2017-10-13. Archived from the original on 13 de outubro de 2017. Consultado o 2024-03-31. 
  17. "A Perfect Circle Sign with BMG for First Album in 13 Years". Exclaim! (en inglés). Consultado o 2024-03-31. 
  18. Clark, Ty (2017-04-05). "Emotional, not mathematical". TulsaPeople Magazine (en inglés). Consultado o 2024-03-31. 
  19. "A Perfect Circle's Billy Howerdel Offers Insight Into the Long-Awaited 'Eat the Elephant'". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-03-31. 
  20. "For Maynard, A Perfect Circle Comes Second to His Grapes". Spin. Consultado o 31 de marzo de 2024. 
  21. 21,00 21,01 21,02 21,03 21,04 21,05 21,06 21,07 21,08 21,09 Grow, Kory (2018-02-05). "A Perfect Circle's Maynard James Keenan Talks First Album in 14 Years". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2024-03-31. 
  22. Kennelty, Greg (2017-10-18). "A PERFECT CIRCLE Reveals Producer For 2018 Album". Metal Injection (en inglés). Consultado o 2024-03-31. 
  23. Farrier, David (2018-04-16). "Billy Howerdel and Maynard James Keenan on resurrecting A Perfect Circle". The Spinoff (en inglés). Consultado o 2024-03-31. 
  24. 24,0 24,1 24,2 "A Perfect Circle: "Ich bin Maynards Dienstleister" – laut.de – Interview". laut.de (en alemán). Consultado o 2024-03-31. 
  25. "A Perfect Circle: "Ich hörte Chester in dem Song" – laut.de – News". laut.de (en alemán). Consultado o 2024-03-31. 
  26. Buchanan, Brett (2018-03-14). "A Perfect Circle Reveal How Linkin Park's Chester Bennington Contributed To New Album". AlternativeNation.net (en inglés). Consultado o 2024-03-31. 
  27. 27,0 27,1 Graff, Gary (2017-11-09). "A Perfect Circle’s Billy Howerdel Talks New Album, No-Photo Policy at Shows: ‘The Videos You Take Look & Sound Like S–t’". Billboard (en inglés). Consultado o 2024-03-31. 
  28. Munro, Scott (2018-01-09). "A Perfect Circle close to completing new album". louder (en inglés). Consultado o 2024-03-31.