Ensanche da Coruña
Ensanche da Coruña | |
---|---|
Edificios da Rúa de Ferrol. | |
Concello | A Coruña |
Coordenadas | 43°21′53″N 8°24′27″O / 43.364638628986, -8.4074276596582 |
Poboación | 6867[1] hab. (2015) |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Ensanche é unha área da Coruña composta por ampliacións sucesivas da cidade fóra da zona antiga.
Historia
[editar | editar a fonte]Co crecemento da poboación da cidade decidiuse a ordenación do plano e a súa ampliación. As zonas escollidas foron o Campo de Carballo, onde se derrubaran as murallas da fronte da Pescadería en 1869, e as Hortas de Garás.
O Primeiro Ensanche, entre o Camiño Novo e Garás, foi proposto en 1878 e aprobado segundo o proxecto do arquitecto municipal Juan de Ciórraga en 1885. Rematou de urbanizarse nas décadas de 1930 e 1940 coa construción dos edificios que rodean a praza de Vigo.[3]
Proposto o concurso en 1903, o proxecto do Segundo Ensanche de Pan de Soraluce[4] e Pedro Mariño publicouse en 1907 e tras recibir varias alegacións foi aprobado o 24 de maio de 1910.[5] O plan incluía espazos industriais e colonias de obreiros na Gaiteira e grandes parques, e por primeira vez incluía a urbanización de Riazor e San Roque, ademais de estenderse ata a antiga estación de ferrocarril. Porén, poucas das propostas do Segundo Ensanche se levaron a cabo e as que se fixeron en xeral non foron máis que algúns plans de aliñamentos.[3] Sobre o proxecto dun gran parque creouse a Cidade Xardín e a zona comprendida entre a Avenida de Fisterra, a Avenida de Bos Aires e a Cidade Xardín foi modificada en 1935, creando a praza do Mestre Mateo. A construción do Estadio de Riazor tamén transformou esa área, que finalmente se converteu na Cidade Escolar.[5]
Descrición
[editar | editar a fonte]Os quinteiros do Ensanche son parcelas rectangulares situadas entre rúas que se cortan perpendicularmente. No proxecto orixinal do Primeiro Ensanche tívose en conta a orientación dos ventos habituais na cidade.
No Primeiro Ensanche estableceuse parte da burguesía da Coruña, o que deu lugar á existencia de edificios de interese de estilo modernista, como os que se localizan na praza de Lugo ou na rúa de Ferrol.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Suma dos datos das seccións correspondentes ao primeiro Ensanche segundo o IGE (2015) Arquivado 16 de novembro de 2018 en Wayback Machine.
- ↑ Estudos previos
- ↑ 3,0 3,1 Precedo Ledo, Andrés (1990). La Coruña metrópoli regional (en castelán). Fundación Caixa Galicia.
- ↑ Quirós Linares, Francisco (2010). Atlas temático de España. Nobel.
- ↑ 5,0 5,1 González-Cebrián Tello, José (1984). La ciudad a través de su plano. La Coruña (en castelán). Concello da Coruña. ISBN 9788450099904.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bello, José María; Barral, Dolores; Saavedra, Mª Carmen; De Artaza, Manuel Mª; Colino, Ana; Grandío, Emilio (2001). Historia de A Coruña. Vía Láctea Editorial. ISBN 84-89444-85-4.
- Mirás Araujo, Jesús (15 de novembro de 2007). "Crecimiento urbano y transformaciones en la localización de la actividad económica en A Coruña, 1914-1935". Scripta Nova (en castelán) XI (252). Consultado o 22 de febreiro de 2016.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Plan Xeral de Ordenación Urbana" (PDF). Concello da Coruña. 2013. Consultado o 24 de febreiro de 2016.