[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Enrique Vidal Bobo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaEnrique Vidal Bobo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1864 Editar o valor en Wikidata
Lalín, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de xaneiro de 1935 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Lalín, España Editar o valor en Wikidata
Membro da Asemblea Nacional Consultiva
10 de outubro de 1927 – 20 de marzo de 1929 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, avogado, funcionario Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosEnrique Vidal Abascal Editar o valor en Wikidata

Enrique María Vidal Bobo, nado en Lalín o 24 de febreiro de 1864 e finado na mesma vila o 22 de xaneiro de 1935, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Juan Vidal Lores e Socorro Bobo Alonso. Empezou a traballar como auxiliar de Facenda. En 1900 foi administrador de Libros da Intervención de Facenda de Oviedo. Entre 1905 e 1910 foi administrador, tesoureiro e interventor en Valladolid, Murcia, Oviedo, Madrid, Cáceres e A Coruña. En 1910 foi nomeado Delegado de Facenda de Ourense e en 1917 Delegado de Facenda na Coruña. Foi presidente do Tribunal económico-administrativo. Colaborador e amigo de José Calvo Sotelo, na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado membro da Asemblea Nacional en outubro de 1927, cesando en marzo de 1929.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Abascal Ruiz e foi pai de Enrique Vidal Abascal.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]