Ennistymon
Inis Díomáin (ga) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Irlanda | |||
Provincias | Munster | |||
Condados | Condado de Clare | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Ennistymon (en irlandés: Inis Díomáin[1]), tamén escrito Ennistimon,[1] é unha vila do condado de Clare que se atopa preto da costa oeste de Irlanda. En 2016 tiña unha poboación de 1 045 habitantes. Trátase dun popular destino turístico sendo famosas as fervenzas do río Inagh, que atravesa a localidade. Unha ponte que salva o río conduce á veciña Lahinch pola estrada secundaria N67, mentres que a N85 conecta con Ennis. A área foi oficialmente parte do Gaeltacht do oeste do condado de Clare até 1956.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Historicamente o nome da vila escribíase Inishdymon.[1] Crese que derivou de Inis Díomáin, que significa "a illa de Díomáin".[1] Porén, Míchéal Ó Raghallaigh argumenta que o nome provén de Inis Tí Méan, que significa "illa da casa do medio".[2]
Economía
[editar | editar a fonte]Debido á súa condición de "vila de mercado" (market town), en Ennistymon pódense encontrar supermercados, salón de peiteado, carnizarías, tendas de informática, copisterías, tinturarías, lavandarías, cafetarías e un hotel, así como numerosos bed and breakfast. Tamén hai moitos pubs nos que se interpreta música tradicional irlandesa.
Transporte
[editar | editar a fonte]Autobús
[editar | editar a fonte]Existen dúas liñas de Bus Éireann que dan servizo á vila: a 333 e a 350. A liña 350 conecta Ennistymon con Ennis, Lahinch, os cantís de Moher, Doolin (onde é posíbel tomar un transbordador para ir ás Oileáin Árann), Lisdoonvarna e Galway. A liña 333 permite ir a Kilfenora, Corofin, Miltown Malbay e Doonbeg.
Tren
[editar | editar a fonte]O West Clare Railway adoitaba atravesar a vila, conectándoa con Ennis e as vilas costeiras do oeste do condado. A estación de tren de Ennistymon abriu o 2 de xullo de 1887 e pechou o 1 de febreiro de 1961.[3]
Educación
[editar | editar a fonte]Ennistymon posúe dúas escolas de educación primaria: Scoil Mhainchin/Ennistymon National School e Mol an Oige (escola Steiner).[4] Mol an Oige Steiner National School converteuse recentemente na primeira escola de pedagoxía Steiner en Irlanda en obter o recoñecemento permanente como escola nacional polo departamento de educación do país.[5] Scoil Mhainchin é o resultado da unión da CBS Primary School e The Convent of Mercy National School.
Tamén hai tres centros de educación secundaria na vila: Ennistymon CBS, a Vocational School e Scoil Mhuire.[6][7][8] Existen plans para amalgamar estes tres institutos.[9]
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- As fervenzas de Ennistymon son unha atracción turística popular.
- O Falls Hotel (antigamente coñecido como Ennistymon House).
- O monumento en homenaxe ás vítimas da Gran Fame irlandesa. Foi erixido o 20 de agosto de 1995 cando cumpría o 150 aniversario da traxedia. Atópase fóra de Ennistymon na estrada que conecta con Lahinch.
Vilas irmandadas
[editar | editar a fonte]Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Placenames Database of Ireland
- ↑ Míchéal Ó Raghallaigh:Scríobhaí ó Inis Díomáin, "The Other Clare", vol. 16 (Shannon, 1992),p. 18.
- ↑ "Ennistymon station" (PDF). Railscot - Irish Railways. Consultado o 25 de outubro de 2016.
- ↑ "Mol an Oige Steiner National School". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2016. Consultado o 25 de outubro de 2016.
- ↑ Ireland now has its first (official) Steiner National School
- ↑ "Ennistymon CBS Home Page". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2016. Consultado o 25 de outubro de 2016.
- ↑ "Ennistymon Vocational School Home Page". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2016. Consultado o 25 de outubro de 2016.
- ↑ "Scoil Mhuire Ennistymon Home Page". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2016. Consultado o 25 de outubro de 2016.
- ↑ School Amalgamations, Seanad Éireann Debate (Vol. 217 No. 7), o mércores 3 de outubro de 2012
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ennistymon |