Empresa Brasil de Comunicação
Aparencia
Empresa Brasil de Comunicação | |
---|---|
Tipo | Pública |
Fundación | 25 de outubro de 2007 |
Localización | Brasilia, Brasil |
Na rede | |
http://www.ebc.com.br | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Empresa Brasil de Comunicação (EBC) é unha empresa pública federal do Brasil con sede en Brasilia creada o 25 de outubro de 2007 que ten como finalidade a finalidade a prestación dos servizos de radiodifusión pública e outros servizos relacionados.
Orixe
[editar | editar a fonte]Xurdiu da unión da empresa pública de comunicacións Empresa Brasileira de Comunicação - Radiobrás coa Associação de Comunicação Educativa Roquette Pinto. Aínda que vencellada á Secretaría de Comunicación Social da Presidencia da República ten autonomía para definir a produción, programación e distribución de contidos no sistema público de radiodifusión.
Cadeas
[editar | editar a fonte]Televisión
[editar | editar a fonte]- TV Brasil
- NBR, canle parlamentaria
- TV Brasil Internacional, canle internacional en portugués inaugurada o 24 de maio de 2010, polo de agora só transmite para África por compañías de cable.
- TV Brasil - Canal Integración, canle internacional que emite para a América de lingua española
Radio
[editar | editar a fonte]- Rádio Nacional
- Rádio Nacional Rio de Janeiro
- Rádio Nacional Brasília
- Rádio Nacional FM Brasília
- Rádio Nacional da Amazônia
- Rádio Nacional do Alto Solimões
- Rádio MEC, emisora educativa