Empar Pineda
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Amparo Pineda Erdozia 1944 (79/80 anos) Hernani, España |
Residencia | Barcelona |
Educación | Universidade de Oviedo Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Campo de traballo | Activista LGBT e activista polos dereitos das mulleres |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Comunista de España (reconstituído) |
Membro de | |
Movemento | Feminismo, LGBT e Lesbianismo político (pt) |
Participou en | |
22 de maio de 2023 | Manifesto por unha Barcelona que abre camiño |
Premios | |
|
Empar Pineda i Erdozia, nada en Hernani[1] en 1944, é unha dirixente feminista e lesbiana catalá de orixe vasca, pertencente á corrente Las otras feministas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ao finalizar o bacharelato trasladouse a Madrid, onde vivía unha irmá súa, para continuar os estudos en 1964. Participou nas loitas estudantís e prohíbeselle matricularse na Complutense, polo que acaba estudando na Universidade de Salamanca e gradúase en filoloxía románica na Universidade de Oviedo. Despois trasladouse a Madrid, onde deu clases de lingua española e literatura para unha filial do Hogar del Empleado. Loitadora antifranquista, foi detida polas autoridades e pasou un tempo no cárcere de Martutene.[2] Durante a transición democrática , trasladouse a Barcelona, onde foi dirixente do Moviment Comunista de Catalunya, ao que representou, na Assemblea de Catalunya. Militante feminista, en maio de 1976, creou a Coordinadora Feminista de Barcelona que organiza as Primeres Jornades Catalanes de la Dona baixo o amparo da Asociación de Amigos da UNESCO.[3] Foi candidata pola provincia de Barcelona, dentro das listas da Candidatura de Unidade Popular polo Socialismo nas eleccións xerais españolas de 1977[4] e foi cabeza de lista do MCC-OECS nas eleccións xerais españolas de 1979.[5]
En 1980, fundou o Colectivo de Feministas Lesbianas de Madrid. Posteriormente foi cofundadora da Comisión pro Derecho al Aborto de Madrid, voceira da rede, Outras voces feministas e directora da Colección Hablan las mujeres , e das revistas Nosotras que nos queremos tanto e Desde nuestra acera. Desde 1993 ata a súa xubilación, traballou na Clínica Isadora de Madrid, onde tamén foi delegada sindical de Comisións Obreiras. En 2008, recibiu a Creu de Sant Jordi e en 2022 a Medalla de Honor da cidade de Barcelona.[6]
Obras
[editar | editar a fonte]- Polémicas feministas (1985), en colaboración con Paloma Uría
- Un feminismo que existe (2006), en colaboración con varios autores.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gayles.tv (2022-11-10). "Empar Pineda, una mujer rebelde". Gayles.tv Televisión LGTB+ (en castelán). Consultado o 2022-11-18.
- ↑ Hernani, cuna de Ilustres Arquivado 18 de xullo de 2012 en Wayback Machine., 10 de xuño de 1912
- ↑ Empar Pineda - Pidiendo el cielo (Entrevista de Carmen Briz Hernández) a pensamientocritico.org (en castelán)
- ↑ Unitat Popular del Socialisme C.U.P.S[Ligazón morta] figura no lugar número 29
- ↑ Moviment Comunista de C.-Organitz. Esquerra Comunista[Ligazón morta]
- ↑ "L'activista feminista i lesbiana Empar Pineda rebrà la Medalla d'Honor de Barcelona 2022". Dones i feminismes (en catalán). Consultado o 2022-11-18.