Emma Pedreira
Emma Pedreira Lombardía, nada na Coruña o 11 de novembro de 1978[1], é unha escritora galega en lingua galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Filoloxía Hispánica, é unha poeta e narradora[2] encadrada na Xeración dos 90.[3] Formou parte da Plataforma de crítica feminista A Sega entre 2016 e 2019. En 2018 colaborou na revista Ligeia.[4]
En 2018 gañou o Premio da Crítica Española en Lingua Galega polo seu libro Bibliópatas e Fobólogos.
En xuño de 2018 gañou o Premio Xerais de novela, por Besta do seu sangue, obra da que o xurado asegurou que supón unha proposta "de carácter transgresor caracterizada pola súa multiplicidade de voces, polo seu esencialismo narrativo e por exhibir diversos rexistros".[5]
En 2019 gañou o premio Jules Verne de Literatura Infantil con Os corpos invisibles no que o xurado salientou "a orixinalidade da perspectiva adoptada para o desenvolvemento da trama; a innovación no seu achegamento a un clásico universal e ás autoras inglesas da época vitoriana; o firme feminismo da obra; o retrato social focalizado en problemáticas femininas e a visibilización do papel das mulleres".[6] O dito libro foi considerado o mellor libro xuvenil do ano pola revista electrónica Fervenzas Literarias e fíxose co galardón de mellor obra xuvenil na Gala do Libro Galego 2020.[7]
Obras
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Diario bautismal dunha anarquista morta, 1999, Espiral Maior.
- Grimorio, 2000, Ediciós do Castro.
- Corpo, 2001, Edições Tema.
- As posturas do día, 2001, Follas Novas.
- Velenarias, 2001, Espiral Maior.
- Os cadernos d'amor e os velenos, 2002, Espiral Maior.
- Casa de orfas, 2006, Espiral Maior.
- Xoguetes póstumos, 2010, A. C. Caldeirón.
- Antítese da ruína, 2011, PEN Clube de Galicia.
- Libro das mentiras, 2012, Espiral Maior.
- s/t (2015). Edicións Xerais de Galicia. 48 páxs. ISBN 978-84-9914-935-6.[8]
- "D.E.P.", 2017, Madrygal 20 [9]
- Antídoto, 2018, Alvarellos Editora.[10]
- As voces ágrafas, 2019, Espiral Maior.
- "Desviación de conduta", 2020. A Bula, Correio do Porto [11]
- XelArias. Palabra á intemperie, 2021. Baía Edicións (Ilustracións de Laura Romero).
- Para saír deste lugar/ Para salir de este lugar. Edición bilingüe gal/cast, 2022, Urutau Editora.
- As posturas do día/Las posturas del día/After Dark. Edición trilingüe gal/cast/eng, 2023. New York Poetry Press.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- Bestiario de silencios (2001). Madame Mir, Santiago de Compostela.
- As cinzas adentras (2004). Biblos Clube de Lectores. 192 páxs. ISBN 978-8493332761.
- Corazón e demais tripas (2016). Edicións Positivas. 180 páxs. ISBN 978-84-87783-75-9.[12] Foi traducida ao castelán.[13]
- Bibliópatas e fobólogos (2017). Editorial Galaxia.[14] 148 páxs. ISBN 978-84-9151-037-6.[15]. Foi traducida ao inglés.[16]
- Besta do seu sangue (2018). Edicións Xerais de Galicia.[17] 120 páxs. ISBN 978-84-9121-448-9. ePub: ISBN 978-84-9121-444-1.[18][19]
- As fauces feroces (2019). Baía Edicións. 128 páxs. ISBN 9788499953199.[20]
- Os corpos invisibles (2019). Xerais. Fóra de Xogo. 208 páxs. ISBN 978-84-9121-584-4.[21] ePub: ISBN 978-84-9121-596-7.[22] Foi traducida ao inglés.[23]
- Cicatrices do aire (2021). Toxosoutos. 92 páxs. ISBN 978-84-122541-7-4.
- A parte dos anxos (2023). Con ilustracións de Carlos Lago. Aira Editorial. 56 páxs. ISBN 978-84-125593-9-2.
- A boca da sombra (2024). Aira Editorial. 104 páxs. ISBN 978-84-127695-3-1.
Ensaio e divulgación
[editar | editar a fonte]- Os libros que hai en min (2021). Cuarto de inverno. 160 páxs. ISBN 978-84-121604-9-9.
- Juana de Vega. A muller que desafiou o seu tempo (2022). Coautoría con Marilar Aleixandre. Editorial Galaxia. 120 páxs. ISBN 978-84-9151-900-3.[24]
- As horas mortas. Viaxes e conversas por cemiterios galegos (2024). Baía Ed. 416 páxs. ISBN 978-84-9995-453-0.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- VII Certame Literario, 2001, Universidade da Coruña.
- XVI Festival da Poesia no Condado. Outro mundo é posível, 2002, S. C. D. Condado.
- De soños e memorias, 2003, Espiral Maior.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Premios Pedrón de Ouro. Certames XXVII (2001), XXVIII (2002) e XXIX (2003), 2004, Ediciós do Castro.
- Das sonorosas cordas, 2005, Eneida (Madrid).
- Do máis fondo do silencio saen voces, 2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.
- Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, 2006, Difusora.
- Letras novas, 2008, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones.
- Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
- 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
- Abadessa, oí dizer. Relatos eróticos de escritoras da Galiza, 2017, Através Editora.
- Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda, 2017, Alvarellos.
- Disto non se fala, en coautoría Verónica Martínez Delgado, plaqueta editorial Micromundos, 2018.
- Relatos da Ulloa, 2019, Instituto de Estudos Ulloáns/Gadis.
- Entre donas (2020). Baía Edicións. 208 páxs. ISBN 9788499953427. Dez relatos de escritoras galegas actuais colocando as mulleres no centro da historia.[25]
- Suma Creativa (2022). Afundación. OBRA SOCIAL ABANCA. 165 páxs. Ledicia Costas, Berta Dávila, Antonio Manuel Fraga, Diego Giráldez, O Hematocrítico, María Lado, Emma Pedreira, Mario Regueira, Eli Ríos e María Solar exploran interesantes dimensións metafísicas e/ou simbólicas das pezas plásticas seleccionadas.
- Fisterra (2022). VVAA. Editorial Linteo. 472 páxs.
- Entre leiras e labores. Antoloxía verbo visual. Inma Doval (ed.), 2022, Urutau editora.
Obra plástica
[editar | editar a fonte]- O Elo, 2020. Urutau editora. Poemas de Quico Valeiras e collages de Emma Pedreira (serie Os traballos d´amor meigos)
- Bicadora Duncan. Conto e collages (2020) Autoedicións Micromundos.
- Xela Arias. Poeta nas marxes. Portada e collages interiores (2021) Daniel Chapela (coord.) O Arquivo das Trasnas, Pontevedra.
- Círculo dentro do círculo, 2021. Urutau editora. Poemas de Inma Doval Porto e colaxes de Emma Pedreira.
Edicións dixitais
[editar | editar a fonte]- Un anaco da novela As fauces feroces, traducida para o inglés por Kathleen March como Voracious.[26]
- O seu micropoemario Poemas irlandeses, traducido ao español por Víctor Vázquez e ao inglés por Jorge R. Durán.[27]
- A Fundación Esteros publicou na súa revista dixital a versión bilingüe galego-castelá de Facelo por toda a casa[28]
- Un anaco de Besta do seu sangue, traducido ao inglés por Kathleen March.[29]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 2018 participou en Vértice de versos, unha longametraxe documental na que se repasa o acontecido desde os anos 90 no universo poético de Galicia. É un proxecto audiovisual que presta atención ao valor didáctico que permite coñecer a principal fonte literaria galega.
En 2019 presentouse un documental centrado na súa figura, titulado O des-en-freo, de Daniel Chapela, Beatriz Pereira e Sara Piñeiro no que participan Eli Ríos, María Lado, Miriam Ferradáns, Susana Sánchez Arins, Lucía Novas, Quico Valeiras, Antía Marante e David Cortizo Conde.[30]
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio de poesía Johán Carballeira no 1998, por Diario bautismal dunha anarquista morta.
- Premio Faustino Rey Romero no 1999, por Corpo.
- XII Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón no 1999, por Grimorio.
- Premio Johán Carballeira no 2000, por Velenarias.
- Premio de poesía Fermín Bouza Brey no 2001, por Os cadernos d'amor e os velenos.
- Accésit no XI Certame de Poesía Rosalía de Castro da Casa de Galiza en Córdoba no 2001, por As posturas do día.
- Premio Modesto R. Figueiredo no 2002, por Os doces devorados.
- Certame Manuel Murguía de narracións breves no 2002.
- Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2005, por Casa de orfas.
- IX premio de poesía Novacaixagalicia no 2010, por Antítese da ruína.
- XIV Certame de poesía Concello de Carral no 2011, con Libro das mentiras.
- Premio de poesía Gonzalo López Abente no 2015, por S/T.
- Premio Narrativas Quentes no 2016, por Corazón e demais tripas.
- Premio internacional Jovellanos. El mejor poema del mundo no 2017 por "Lista da compra da viúva".[14]
- Premio de poesía Concello de Vilalba no 2017, por Antídoto.
- VI Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas de Vigo en 2018, por Metamorfose.
- Premio da Crítica de narrativa galega no 2018, por Bibliópatas e fobólogos.
- Premio Xerais de novela en 2018, por Besta do seu sangue.
- Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño no 2018, por As voces ágrafas.
- Premio Arcebispo Xoán de San Clemente por A besta do seu sangue en 2019.
- Premio Jules Verne de Literatura Infantil con Os corpos invisibles en 2019.
- Premio de relato de aventuras Avilés de Taramancos con Cicatrices do aire en 2020.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ "autor/a A. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ "Emma Pedreira". www.aelg.gal. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ "Enma Pedreira". Ligeia. Revista de Literatura (1). Xuño/setembro 2018. ISSN 2603-7416.
- ↑ ""Besta do seu sangue" de Emma Pedreira gaña o Premio Xerais de Novela". Faro de Vigo. Consultado o 02/05/2018.
- ↑ Redacción. "Amador Castro, Emma Pedreira e Rosa Aneiros, gañadoras dos Xerais 2019". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2019. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ "Premios Gala do Libro Galego Axenda cultural AELG". Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-01-23.
- ↑ "Ficha de libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ https://revistas.ucm.es/index.php/MADR/article/view/57646/51915
- ↑ "ANTÍDOTO de Emma Pedreira". avarellos.info. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ https://www.correiodoporto.pt/wp-content/uploads/2020/11/A_BULA_dezembro_2020_93-EMMA-PEDREIRA.pdf
- ↑ Nicolás, Ramón (2016-08-11). "Corazón e demais tripas, de Emma Pedreira". Caderno da crítica. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ "Corazón y demás tripas". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 2019-11-09.
- ↑ 14,0 14,1 "Emma Pedreira, escritora, gañadora do IV Premio Internacional de Poesía Jovellanos" Zigzag diario. Entrevista de Pilar García Rego para falar do poema "Lista da compra da viúva" e do libro Bibliópatas e fobólogos
- ↑ "Bibliópatas e fobólogos". Editorial Galaxia. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ March, Kathleen N. "Bibliopaths and Phobologues". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2023-05-11.
- ↑ "Besta do seu sangue". www.xerais.gal. Consultado o 2018-10-22.
- ↑ Nicolás, Ramón (2018-12-03). "Besta do seu sangue, de Emma Pedreira". Caderno da crítica. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ Eyré, Xosé Manuel (2018-12-12). "crítica de BESTA DO SEU SANGUE (Emma Pedreira, Xerais)". Ferradura en Tránsito II. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2019. Consultado o 2019-06-09.
- ↑ "as-fauces-feroces". baiaedicions.gal. Consultado o 2019-07-16.
- ↑ "Ficha do libro. Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2019-10-11.
- ↑ "Os corpos invisibles". Lecturafilia (en castelán). 2019-11-01. Consultado o 2019-11-18.
- ↑ Dunne, Jonathan. "Invisible bodies". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2023-05-11.
- ↑ Otero Varela, Inma (xullo, agosto, setembro 2022). "O desafío de contar unha vida". Grial LX (235): 83–84. ISSN 0017-4181.
- ↑ Xmeyre, ~ (2020-11-18). "a propósito de ENTRE DONAS, varias autoras, en Baía.". Ferradura en Tránsito II. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-01-22.
- ↑ Está dispoñible en Words without borders, the online magazine https://www.wordswithoutborders.org/article/march-2021-writing-from-galicia-voracious-emma-pedreira-kathleen-march
- ↑ Foi publicado pola Nueva York Poetry Review https://www.nuevayorkpoetryreview.com/Nueva-york-Poetry-Review-3183-92-poesia-espaola-emma-pedreira Arquivado 06 de outubro de 2021 en Wayback Machine.
- ↑ https://esteros.org/2021/04/07/emma-pedreira-galicia/
- ↑ Pode lerse en http://galicianliterature.gal/emma-pedreira Arquivado 21 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine.
- ↑ "Presentación Do Documental 'Emma Pedreira: O Des-En-Freo' en Santiago de Compostela". www.imjoying.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2019. Consultado o 17 de xuño de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Emma Pedreira en "Antología de Joven Poesía Gallega" (en castelán)
- "Lista da compra da viúva" no Portal das Palabras o 19/4/2017 para ilustrar na sección Allos con bugallos as palabras lista, listaxe e listado.
- Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública o 3 de novembro de 2018
- Entrevista de Montse Dopico en Praza Pública o 15 de maio de 2020