Emirato de Abu Zabi
إمارة أبو ظبي (ar) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Emiratos Árabes Unidos | ||||
Capital | Abu Zabi | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.908.173 (2016) (39,81 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 73.060 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Maomé bin Zayed Al Nahyan (pt) (2022–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 00971 | ||||
ISO 3166-2 | AE-AZ | ||||
Páxina web | tamm.abudhabi | ||||
O emirato de Abu Zabi[1][2][3][4] (en árabe: ابوظبي, Abū Ẓabī) é o maior dos sete emiratos integrados nos Emiratos Árabes Unidos, ocupa 67 350 km², o que representa o 87% do total dos Emiratos e en xuño de 2011 tiña 2 120 700 habitantes, dos cales, 439 100 (menos do 21%) eran cidadáns emiratís, o 80% eran estranxeiros. A capital do emirato é Abu Zabi.
Os primeiros habitantes coñecidos da zona asentáronse arredor do 3000 a.C. na illa de Umm an-Nar. Os Bani Yas instaláronse en Abu Zabi no 1793. En 1833 separouse de Dubai. En 1958 atopouse o primeiro pozo petroleiro, e dende entón o petróleo é a base da economía do emirato, hoxe o emirato posúe o 5% das reservas de gas natural e o 10% do petróleo. En 1971 integrouse nos Emiratos Árabes Unidos.
Dividido administrativamente en tres rexións: a cidade de Abu Dabi, a rexión oriental con capital en Al Ain e a rexión occidental con capital en Bida Zayed.
O Produto Interno Bruto (PIB) estimado de Abu Zabi, en 2011, ascendía a 806.031 millóns de AED. Minas e canteiras (inclúe petróleo cru e gas natural) representan a maior contribución ao PIB (58´5 por cento en 2011). Industrias relacionadas coa construción son o seguinte contribuínte máis grande (10´1 por cento en 2011). O PIB creceu a 911.600.000.000 AED no 2012, ou máis de 100 mil dólares per cápita.
Nos últimos tempos, o emirato contribuíu de forma continua en torno ao 60 por cento do PIB dos Emiratos Árabes Unidos, mentres que a súa poboación constitúe só o 34 por cento da poboación total EAU segundo o censo de 2005.[5]
A principios da década de 1970, dous importantes acontecementos axudaron ao emirato a dar o gran salto no camiño do desenvolvemento. O primeiro foi o establecemento dos Emiratos Árabes Unidos en decembro de 1971 con Abu Zabi como capital política e administrativa. O segundo foi o forte aumento dos prezos do petróleo a raíz da guerra do outubro de 1973, que acompañou a un cambio na relación entre os países produtores de petróleo e as compañías petroleiras estranxeiras, o que leva a un aumento espectacular nos ingresos do petróleo.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]"Zabi" é o nome árabe dunha especie particular de gacela árabe nativa que algunha vez foi común na rexión. Abu Zabi significa pai da "Zabi" (gacela). Crese que este nome produciuse debido á abundancia de gacelas na área de Ther e un conto popular que implica a Shakhbut bin Dhiyab al Nahyan[6]
Historia
[editar | editar a fonte]Rexións de Abu Zabi establecéronse xa no 3º milenio aC e a súa historia temperá axústase ao patrón típico da rexión, gandería e pesca nómade en xeral. O moderno Abu Zabi ten as súas orixes no xurdimento dunha importante confederación tribal, a Bani Yas, a finais do século XVIII, que tamén asumiu o control de Dubai. No século XIX as ramas de Dubai e Abu Zabi separáronse.
Na metade do século XX, a economía de Abu Zabi continuou sendo sostida principalmente polo pastoreo de camelos, produción de dátiles e verduras nos oasis interiores de Al-`Ain e Liwa, a pesca e o mergullo para a busca de perlas na costa da cidade de Abu Zabi, principalmente durante os meses de verán. A maioría das vivendas na cidade de Abu Zabi eran, neste momento, construídas de palmas frondosas (barasti), e as familias máis ricas en chozas de barro. O crecemento da industria de perlas cultivadas na primeira metade do século XX creou dificultades para os habitantes de Abu Zabi xa que as perlas representaban a maior exportación e a principal fonte de ingresos en efectivo.
En 1939, o Sheikh Shakhbut Bin-Sultan Al Nahyan outorgou concesións petroleiras, e atopouse petróleo por primeira vez en 1958. Nun principio, o diñeiro do petróleo tivo un impacto marxinal. Levantáronse algúns edificios de formigón de baixa altura, e construíuse a primeira estrada asfaltada en 1961, pero o xeque Shakbut, sen saber se as novas regalías do petróleo durarían, tomou un enfoque cauteloso, preferindo aforrar os ingresos no canto de investir no desenvolvemento.
O seu irmán, o xeque Zayed bin Sultan Al Nahyan, viu que a riqueza petroleira tiña o potencial de transformar Abu Zabi. A familia gobernante Al Nahyan decidiu que o xeque Zayed debía substituír o seu irmán como gobernante e levar a cabo a súa visión de desenvolvemento do país. O 6 de agosto de 1966, coa axuda dos británicos, o xeque Zayed converteuse no novo gobernante.[7]
Co anuncio feito polo Reino Unido en 1968 de que se retiraría da zona do Golfo Pérsico en 1971, o xeque Zayed converteuse na principal forza impulsora detrás da formación dos Emiratos Árabes Unidos.
Logo de que os Emiratos obtiveran a súa independencia en 1971, a riqueza petroleira continuou fluíndo e a zona de chozas de adobe tradicionais foron substituídas rapidamente por bancos, boutiques e rañaceos modernos.
Na actualidade, Abu Zabi conta coa que se estima que é a renda per cápita absoluta máis alta do mundo,[Cómpre referencia] polo nivel dos fondos de riqueza soberana, calculado en 1.000.000 USD por habitante local nacional.[Cómpre referencia]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Os Emiratos Árabes Unidos atópase na rexión rica en petróleo e estratéxica do Golfo Pérsico. Linda co Reino de Arabia Saudita e Sultanato de Omán.
Abu Zabi atópase na parte máis ao oeste e suroeste dos Emiratos Árabes Unidos ao longo da costa sur do Golfo Pérsico entre as latitudes 22° 40'e ao redor de 25° norte e as lonxitudes 51° e ao redor de 56° leste. É fronteirizo co Emirato de Dubai e o Emirato de Sharjah ao norte.
A área total do Emirato é de 67.340 quilómetros cadrados, ocupando ao redor do 87% da superficie total dos Emiratos Árabes Unidos, con exclusión das illas. As augas territoriais do Emirato abarcan ao redor de 200 illas fronte á súa costa de 700 quilómetros. A topografía do Emirato está dominado por terreo areoso de baixa altitude salpicado de dunas de area superior a 300 metros de altura nalgunhas zonas cara ao sur. A parte oriental do Emirato bordea as marxes occidentais das montañas da al-Hajar. O monte Hafeet, é a elevación máis alta de Abu Zabi, con preto de 1.300 metros, atópase ao sur da cidade de Al Ain.[8]
O cultivo da terra e de rego para a agricultura e a reforestación na última década aumentou o tamaño das áreas "verdes" no emirato a aproximadamente a un 5% da superficie total, incluíndo parques e plantacións. Preto do 1,2% da superficie total do país utilízase para a agricultura. Unha pequena parte da superficie terrestre está cuberta de montañas, que conteñen varias covas. A zona costeira contén zonas húmidas e mangleirais. Abu Zabi tamén ten ducias de illas, na súa maioría pequenas e deshabitadas, algunhas das cales foron designados como refuxios para a vida silvestre.[9]
Subdivisións
[editar | editar a fonte]Abu Zabi está dividido en 3 Rexións:
- Abu Zabi Distrito Capital Central
- Al Ain (Rexión este)
- Al Gharbia (Rexión oeste)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Emirato de Abu Zabi |
- Emiratos Árabes Unidos
- Emirato de Axman
- Emirato de Dubai
- Fujairah
- Ras al-Jaimah
- Sharjah
- Umm al Qaywayn
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Editorial Galaxia, ed. Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. p. 1303. ISBN 9788482887524.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 107. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 124. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 30 de setembro de 2014.
- ↑ Ver entrada de «Emiratos Árabes Unidos». Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato, ed. (2007). Diciopedia do século 21 2. Editorial Galaxia. p. 763. ISBN 9788482893600.
Estado de Asia [...] formado polos emiratos de Abu Zabi [...]
- ↑ "Abu Dhabi Over a Half Century". Statistics Centre - Abu Dhabi (SCAD). Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2012. Consultado o 21 de novembro de 2015.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2013. Consultado o 22 de decembro de 2020.
- ↑ See Al-Fahim, M, From Rags to Riches: A Story of Abu Dhabi, Chapter Six (London Centre of Arab Studies, 1995), ISBN 1-900404-00-1.
- ↑ "Statistical Yearbook of Abu Dhabi 2012". Statistics Centre - Abu Dhabi (SCAD). Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2012. Consultado o 21 de novembro de 2015.
- ↑ "Islands of Abu Dhabi". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2014. Consultado o 21 de novembro de 2015.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |