[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Emi Koussi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaEmi Koussi
Imaxe
Tipovolcán escudo Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteÁfrica Editar o valor en Wikidata
División administrativaChad Editar o valor en Wikidata
Mapa
 19°47′22″N 18°33′04″L / 19.7894, 18.5511
CordilleiraTibesti (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude3.415 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica2.934 m Editar o valor en Wikidata
Illamento topográfico2.001 km Editar o valor en Wikidata
Material usadotraquito (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

O Emi Koussi é un volcán escudo que se atopa no norte do Chad, no Sáhara central, e na parte sur dos montes Tibesti. É a maior elevación do Chad e mesmo de todo o Sáhara, cunha altura de 3.445 metros s.n.m., erguéndose uns 2.300 metros sobre das chairas circundantes. Outros volcáns próximos forman tamén parte do Tibesti.

Características

[editar | editar a fonte]

A base do volcán acada unha área de 60 x 80 km. Na cima contén dúas caldeiras; a exterior ten un tamaño de 12 x 15 km, e dentro desta, cara ao sueste, hai outra menor de entre 2 e 3 km de ancho e 350 m de profundidade. Nas caldeiras e fóra delas hai numerosos domos de lava, conos de cinsa, maars (lagoas-cráteres) e mananciais de lava.

O Emi Koussi foi utilizado para explicar fenómenos de modelaxe volcánica semellantes aos que se observan no planeta Marte.

Ascensións

[editar | editar a fonte]

O Emi Koussi foi escalado por vez primeira, por occidentais, en 1938.